Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Enriquecemento vacacional

jueves, 29 de agosto de 2013
Ë probable que vostede poida disfrutar dunhas merecidas vacacións.

É probable que teña que traballar para que outras persoas as poidan disfrutar.

Existe tamén a posibilidade que non poida disfrutalas precisamente porque neste momento non ten traballo ou porque o presuposto non lle alcanza.

Tamén podería ocorrer que se encontre convaleciente... ou que tivera que atender a unha persoa dependiente.

É probable que vostede se encontre nunha de tantas situacións como circunstancias pode presentar a vida de calquera persoa ó longo da vida.

Poñéndose no caso de que unha persoa poidera facer unhas vacaciós, podería progamalas ou sencillamente deixarse levar polo día a día.

Normalmente, cando unha persoa conta con poder facer vacacións intenta programalas dalgunha maneira tendo en conta as súas circunstacias persoais, familiares, económicas, etc, etc

A maneira de disfrutar dunhas vacacións son tan particulares como a historia persoal de cada persoa. Uns van á praia, outros á montaña, outros quédanse na casa, outros fan un cruceiro, outros alístanse nunha ONG, outros...

En calquera caso sempre se dá un enriquecemento derivado da relación coas persoas ben sexan: familiares, amigos, coñecidos, descoñecidos, etc, etc.

O contacto coas persoas sempre enriquece porque todos somos mestres e alumnos ó mesmo tempo.
Todos temos moito que aprender dos outros e todos temos algo digno de compatir cos outros.

Se saes da casa o primeiro paso é poñerte en camiño cara ó lugar de destino. Relacionarte cos compañeiros da viaxe, respeta-las normas, entablar conversación, disfrutar da paisaxe, da gastronomía...

En canto chegas ó lugar de destino , pódeste encontrar en dúas situacións ben distintas: un lugar descoñecido ou un lugar coñecido.

Cando se trata dun lugar descoñecido, os cinco sentidos póñense en alerta para aproveitar de ver canto máis mellor.

Cando se trata dun lugar coñecido, todo resulta moi familiar:

-Encóntraste cun grupo de persoas que te esperan para abrazarte e ofrecerche todo canto precises para que a túa estancia entre elas sexa un auténtico pracer:

-Ábrenche a porta da casa, a do garaxe e sobre todo a do corazón.

En canto se abre a porta do corazón, empeza a comunicación.

A comunicación de corazón a corazón é algo extraordinario, é algo máxico, é un encontrarte na túa casa e coa túa xente, estando lonxe de ambas.

É o froito da amistade.

A amistade é algo maravilloso.

É unha experiencia que todos deberían disfrutar porque é un descanso para a alma e tamén para o corpo.

Prodúcese un intercambio de experiencias, moitas comúns a tódolos humanos e a tódalas latitudes, outras ben diferentes no tocante a costumes, a gastronomía, a cultura, a lingua, a idiosincrasia e as circunstancias particulares de cadaquén.

Preséntase ante ti un amplo mapa de vivencias cada cual máis enriquecedora:

-Os nenos que medraron moito desde a última vez e danche unha gran lección: son felices disfrutando o momento presente.

-Os estudiantes que xa subiron un escalón máis e outros xa remataron os estudios con moi boas calificacións.

-Outros que lles apareceu un bo traballo en Zurich ou en Boston, ou ó pé da casa.

-Outros que chegan á vida rodeados de moito amor familiar e séntense moi queridos. Son moi afortunados. Tódalas persoas deberían chegar a este mundo nun ambiente amoroso, cordial e afectuoso.

-Outros que nacen á vida cristiá bautizándose nunha ermida apartada do mundanal ruido, no seo da intimidade familiar.
Porque tamén hai que dicilo, son moitas as familias cristiás que conservan as tradicións e que queren transmitirllelas ós que veñen detrás. Para elas, os sacramentos son unha fonte de riqueza espiritual.

-Outros que deciden formar unha familia cristiá e cásanse pola igrexa rodeados de familiares e amigos, unindo corpo e alma ata que a morte os separe.

-Outros que colleron a xubilación e agora plantéxanse un novo plan de vida.

-Outros que aínda están na vida laboral que lles presenta certas dificultades propias dunha sociedade que por veces dá a impresión de que non sabe o que quere nin a onde vai.

-Outros que seguen o seu proceso de envellecemento activo, cultivándose e participando en canto está ó sue alcance.
Incluso hai quen se pon a facer unha carreira que no seu día non puido facer.
Este tipo de persoas teñen un interese extraordinario en todo o que emprenden e móstranse moi entusiasmadas co que fan.

-Nais de familia que están separadas porque lles resulta imposible a convivencia coa parella e son capaces de sacar os fillos adiante, botándolle moito valor á vida.

-Parellas formadas por dúas persoas de distintos sexo que toman a decisión de irse a vivir xuntos a pesar de tódolos inconvintes porque a forza do amor que os une é a que manda.

-Parellas do mesmo sexo: que se queren moito, que son persoas excelentes, fillos/as excelentes, netos/as excelentes, irmáns/ás excelentes e profesionais excelentes, que fan un esforzo extra para que a familia e a sociedade lles deixe vivir como desexan, aceptando a súa situación con normalidade.

-Familias numerosas, moi numerosas que son capaces de levar unha vida sumamente organizada, que se axudan mutuamente, que comparten o que teñen, que son exemplares

-Outros que están a punto de chegar á meta despois dunha longa vida vivida con moita calidez humana...

-O cura novo que se entrega en corpo e alma para mostrar e vivr o Evanxeo en toda a súa pureza, predicando:
-Coa palabra profunda e sentida que lle sae do fondo da alma.
-Coa mirada pura. limpa e transparente.
-E –sobre todo- co exemplo entregándose ó servizo da comunidade. Sempre cerca dos enfermos, dos atribulados, dos necesitados, de todos cantos se acercan a el. Nótase que está movido pola forza do Espírito.

-A doctora que fai todo canto está ó seu alcance para conserva-la saúde dos seus pacientes nas mellores condicións posibles, aínda que a veces se sinta impotente.

-O pai de familia que coida do seu bebé con todo o esmero mentres a súa esposa está ocupada noutros menesteres.
Cada vez vense máis papás modélicos coidando dos seus bebés. Demostran que saben facelo e que teñen moita ternura no seu corazón.
Dá gusto velos.

-A nai noviña que amamanta a calquera hora e en calquera lugar ó seu bebé que parece insaciable.

-A persoa enferma de cancro, co seu corpo cheo de cicatrices e con bolsa incluída porque tiveron que extirparlle o colon; que sabe que non se cura pero fai o posible e o imposible por conserva-la vida someténdose a todo tipo de tratamentos, incluso os que están en fase de experimentación.
Estas persoas –a pesar da súa situación- son máis amantes da vida que ninguén e saben valorala e disfrutala a tope. Son persoas exemplares.

-Outros..... Outros... outros...

A vida mesma.

Eu son moi amante de oberva-las vivencias das diferentes etapas da vida, porque de todas aprendo un montón.
Admiro moito ás persoas maiores, sobre todo ás maiores de oitenta ou de noventa que aínda conservan moitísima vitalidade e están en “plena forma”.

Obsérvoas e penso:

¿Estarei eu así de ben se chego a ter os seus anos?

¡Como me gustaría!

Hai persoas maiores que levan as cicatrices da vida marcadas en diferentes partes do seu corpo e seguramente que tamén na súa alma; pero aínda así son capaces de viaxar, de ir á praia, de adquirir cultura, de comunicar vitalidade e moito optimismo.
Dá gusto tratalas.
Eu disfruto con elas e elas téñenme unha consideración un tanto especial porque se dan conta da admiración que me producen..
Síntome moi cómoda na súa compañía.

Aínda que tamén aprendo moito doutras.

-Porque hai persoas de idade media que teñen un programa de vida moi exemplar.
Teñen moi claro o que deben facer para resolver de modo positivo a súa vida e máis a da súa familia independentemente dos ventos que corran.
Son persoas que voan alto.

-Porque hai xoves que loitan por encontrar o seu posto, usando como trampolín outros porque “Roma non se fixo nun día”
Aproveitan esto e aquelo e aqueloutro, traballando domingos e festivos coa vista posta no seu obxectivo desexado.

-Porque hai nenos que están moi interesados polo futbol. Din que queren ser futbolistas e cando se xubilen de futbolistas exercerán de: matemáticos, químicos, informáticos...

-As nenas prefiren ser profesoras, enfermeiras, médicos.
Ningunha se decanta por ser ama de casa, eso xa pertence ó pasado.
Hoxe en día as tarefas do fogar son compartidas pola sencilla razón de que os dous traballan fóra da casa.
Tamén hai que decir que o tocante á organización recae sobre o sexo femenino. A muller é máis válida neste campo.

Pero tamén é certo que hai algo común a todos.

-Todos queremos divertirnos.

-Todos queremos sentirnos libres

-Todos queremos sentirnos amados.

-Todos queremos ser felices.

Concluíndo:

-Se todos queremos divertirnos, debemos estar alegres e facer a vida o máis divertida posible ós que nos rodean.

-Se todos queremos sentirnos libres, debemos respetar a liberdade dos outros. Opinar tan só cando nolo pidan. Molestar o menos posible...Prudencia, prudencia e máis prudencia.

-Se todos queremos sentirnos amados, temos o deber de amar.
Non deber nada a ninguén máis que amor.
Facer ben sen mirar a quen.
Non esperar nada a cambio

-E se todos queremos ser felices, debemos facer felices ós outros, aportando aquelo que os outros poidan necesitar de nós.

Realmente todo se trata de compartir, de facer un intercambio de enriquecemento para que todos nos sintamos mutuamente recompensados.

Por eso eu adoito a decir que “A RIQUEZA ESTÁ EN COMPARTIR”

E por eso comparto con vostede estes pensamentos meus, froito do meu enriquecemento vacacional, esperando que non lle produzan indiferencia nin cansanzo.

Espero que lle digan algo e por eso, agradezo a súa lectura.

E, tanto se puido facer vacacións como se non, espero que este verán fora moi enriquecedor para vostede.

A min resultoume moi enriquecedor por todo o exposto e por moitas outras causas que non vén ó caso expoñer aquí.

Dou grazas a Deus e a cantos dun modo ou doutro estiveron en contacto comigo neste período vacacional.
Aprendín moito con todos.
Sirvan estas humildes palabras de sincero agradecento.

E a vostede quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aquí o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES