Sen vacacións
Editorial - miércoles, 28 de agosto de 2013
Houbo un tempo que sabíamos que tiñamos dereito a vacacións fóra do domicilio habitual, por pura dinámica social. E a maioría dos traballadores podía permitirse, dun ou doutro xeito hotel, aluguer ou en propiedade- residir uns días fóra do domicilio habitual.
Sen pararnos en cifras podemos dicir que era moi importante para a saúde e para o turismo esta itinerancia vacacional, concretada especialmente no desplazamento das xentes do interior cara á costa, pero tamén da costa cara a un interior cada vez máis valorado e cheo de atractivos.
Unha enquisa de Sondaxe que ten publicado a Voz de Galicia acredita que case o setenta e tres por cento dos galegos pasará as vacacións na súa casa, co que evidencian recortes nas súas posibilidade e conseguinte recorte no consumo que puidesen facer nos lugares onde adoitaban veranear.
O tema parece especialmente importante en Galicia onde os desplazamentos necesarios son curtos, o nivel de vida de tipo medio, e os custos non demasiado elevados entre as zonas turísticas e as de procedencia do turismo interior. É, polo tanto, un problema económico, problema real ou sicolóxico, que aconsella quedarse no propio domicilio e non cumprir con esa tendencia anual de tomar vacacións en lugares diferentes do domicilio habitual.
Que o setenta e tres por cento dos galegos escolla quedarse sen vacacións, ou alomenos sen vacacións fóra do seu domicilio habitual, é unha mala nova para os que non viaxarán e para os que os agardaban. Porque o turismo non só é movemento social e cultural senón e de xeito especial- económico . E ese movemento, ese recurso, este ano, está fortemente minorado, agardando por mellores tempos.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora