Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Avelino Pousa Antelo, coa navalla do Manuel

Xiz, Xulio - miércoles, 28 de agosto de 2013
“A navalla do Manuel”, para Avelino

Tódolos anos, na Campa da Santa Isabel de Outeiro de Rei, se celebra o rito da “Navalla do Manuel”, precisamente o día do cabodano de Manuel María, no corazón da súa terra natal.

O Manuel tiña adoración polas navallas e unha importante colección destes artiluxios tan útiles para os galegos doutrora, tan simbólica para os galegos de hoxe, e por eso cada ano que imos celebrar a súa lembranza na Santa Isabel, despois de renderlle homenaxe floral e poética no cemiterio de Outeiro de Rei, acudimos á navalla – “A navalla do Manuel” – para cortar o pan e o queixo que compartimos comunitariamente, nun xeito de celebración de amizade e confraternidade, na que o Manuel é a inspiración, o centro e a chamada.

É costume que neste acto – sempre Xermolos, sempre Alfonso Blanco – se entregue unha navalla a unha persoa que tivera relación co Manuel, que comulgue co que na Campa se celebra, e forme parte activa do círculo cada vez máis amplo da comunidade chairego/galega devota da súa terra. E cada ano, quen a recibíu o ano anterior, entrégalle unha nova navalla á persoa elixida que reúna esas condicións especiais.

Como eu recibira a navalla ese día do Señor (día do Manuel) do ano 2009, correspondeume entregarlla a Avelino o 8 de setembro de 2010. Daquela improvisei unhas palabras ás que nada quito nin engado, na honra de Avelino Pousa Antelo:

Está e a navalla do Manuel. Esta é unha ceremonia, física e mística á vez, na que a Irmandade Manuel María simboliza nunha navalla o espírito que nos anima en sintonia co Manuel vivo por sempre.

Entón, esta ceremonia física da entrega da navalla, é a testemuña dunha emoción mística, de transmisión espiritual, da forza do espirito que anima a esta entidade, baseada na presencia do Manuel e no amor á terra.

Honráronme o ano pasado ao recibir esta navalla. Hónrame hoxe tanto coma daquela facerlle entrega desta navalla a Avelino Pousa Antelo, un rapaz do que ainda esperamos moitísimo, que é o vínculo cos devanceiros, a conexión coa historia e coa lexitimidade que ven do pasado hacía o fúturo nun presente de vida e señorío, tanto no persoal e íntimo como en todo o que se refire á súa actividade pública. É un home noso, amigo de todos nós, que tanto aínda ten que decir, e que tantisimo leva dito e feito.

Para Avelino, por merecela e sentila como ninguén, “a navalla do Manuel”.

(Publicado por XERMOLOS no especial dedicado a AVELINO POUSA ANTELO no primeiro cabodano da súa morte).
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES