Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do ermo

lunes, 12 de septiembre de 2005
Foi Noriega quen cantou, no seu libro "Do ermo", toda a fermosura que conteñen as brañas e o mar, ollando para a montaña como para unha terra de promisión na que morrer e vivir.

O abandono das terras galegas puido empezar cando Rosalía se laiaba de que "Galicia sen homes quedas / que te poidan traballar". Pero continuou de forma decisiva nos anos sesenta e setenta, que se abandonou o rural en beneficio da cidade.

As grandes cidades de España ou da emigración levaron por milleiros os brazos que labraban o campo, que cavaban e queimaban as rozas, que plantaban árbores e limpaban os montes. Logo foron as pequenas cidades do país, e por fin os pobos que, ofertando traballo e lecer, arrincaron ás xentes das aldeas coas promesas de futuro...

E chegamos a estes momentos nos que o 67 por cento do terreo rústico de Galicia está sen un uso específico. Terreos que poden soportar calquera tipo de cultivos ou mesmo plantacións de árbores, pero nunca estar ermos. Terreos que temos esquecidos, ou están ahí agardando por unha oferta multimillonaria no caso de ser elixidos para situar neles unha urbanización de segundas vivendas.

Porque os ermos galegos teñen unha cotización excelente, que nada ten que ver coa anunciada oficialmente de pouco máis de 15.000 euros por hectárea, en tanto que no resto de España están a pouco máis de 8.000. Nada que ver coa realidade, porque a ver onde se atopa en Galicia terreo a euro e medio o metro cadrado como non sexa no monte máis inhóspito.

Agora, a Consellería do Medio Rural, pretende poñer remedio a esta situación e que os terreos sen uso deste país se poñan en valor. E o problema de sempre, visto con ollos de hoxe, e con gañas de darlle unha solución.

Un país como Galicia non pode darse o luxo -discutible luxo- de ter a barbecho máis da metade do seu territorio rural. Tentar rescatalo, é indispensable. Agardemos resultados dunha acción que só beneficios pode traguer para o común de todos nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES