Falar de Angrois
Editorial - lunes, 26 de agosto de 2013
O Bng vai levar ao pleno do Concello de Santiago a petición de acordo para que nunha nova edición da Gran Enciclopedia Gallega se modifique a información en relación co pobo de Angrois.
Angrois arrastra, como os galegos xeral, unha mala prensa derivada dun proceso de séculos que atribuíu a determinados lugares pobres ou atrasados condición inferior ou inculta aos seus habitantes. O pobo galego sabe moito deso, polo significado que se lle ven atribuíndo secularmente, entendendo que se foi cousa de séculos a atribución e significados, tempo vai levar tamén en rehabilitar como corresponda aos damnificados.
Angrois gañou, se é que lle facía falla, nunhas horas, un lugar na historia, e unha dignificación dos seus habitantes por riba de calquera outra consideración, actual ou histórica. E diga o que diga a Gran Enciclopedia, Angrois significa o que significan os seus habitantes, e acreditado está que son xente especial, arriscada, valente, grande.
A saber cando se editará unha nova edición da Gran Enciclopedia, se se edita. Angrois xa se fixo xustiza a si mesma, e ningunha publicación poderá agredir nin ao pobo nin ás súas xentes.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora