Un rato no esterco
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 26 de agosto de 2013
O tractor de esterco iniciou a marcha cara á leira de Germelina Ruiz. O remolque ía tan cheo que o vehículo deixaba pegadas por onde pasaba a causa da labra que caía polo troupelear do propio tractor.
Detrás do tractor marchaba Franco Carrascosa por se había que botar algunha man para que o remolque non envorcase.
Cando chegaron a unha curva abondo ladeada, Franco Carrascosa agarrou do ladral e viu ó instante cómo un rato ollaba fixamente para el. Así botou un tempo, o suficiente para que ós beizos do home asomase un sorriso de complicidade e de asombro porque viu e apreciou que o tal rato non lle fixo nin caso á súa presenza; seguiu a furgar polo esterco e Franco Carrascosa, a verdade, deixouno en paz. Axiña o perdeu de vista.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora