Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Alcalde de Baralla

viernes, 23 de agosto de 2013
Na miña nenez circulaba profusamente a efectos pedagóxicos un refrán en castelán que afirmaba que “palabra dicha y piedra suelta no tiene vuelta”. E do mesmo xeito que os nenos comprobábamos que era verdade que as pedras despois de ser tiradas provocaban danos cos que non se contaba e xa non tiñan arreglo, aprendiamos que as palabras había que pensalas antes de dicilas, e cando era publicamente alomenos dúas veces.

O Alcalde de Baralla debe ser bastante máis novo ca min e no seu tempo xa non circulaba este refrán, que se non a boa hora pronunciaba no fragor dunha sesión municipal unhas palabras das que seguro se terá arrepentido nas que afirmaba que algo farían os que no tempo do franquismo sufriron persecución e morte.

Se fose maior, entendería que non se pode falar do franquismo en vano, especialmente os que nos fixemos homes sen saber nada do que pasara e do que estaba a pasar, xa que o sistema tiñanos convencidos de que viviamos nun mundo feliz, onde o mellor era non meterse en política para evitar problemas.

Pero unha vez se nos abriron os ollos, comezamos a saber e entender o que pasara e a costa de quen, e vivindo nun novo tempo fomos contrastando as realidades dun e doutro rexime, e se hoxe nos parece que esto está totalmente podre, en bancarrota e caéndosenos todo o que nos abriga, aínda así –parafraseando a Alfonso Guerra- a esta España non a coñece nin a mai que a paríu se se compara con aquela España que vivimos sen coñecer a súa verdadeira cor.

Ou sexa, que eu entendo que ao Alcalde de Baralla se lle quentou a boca no fragor da discusión, que lle faltaron argumentos e acudíu ao único que ninguén lle vai admitir. E que aínda que hai moito de política na trifulca que se armou, hai que recoñecer que esas palabras ditas – que como as pedras, non teñen volta- nunca deberon dicirse.

Iso a pesar de que os mortos do franquismo estaban xulgados por xuíces que acataban e facían cumprir leis en vigor, e se cumprían os requisitos que as leis esixían. Porque non sería xusto pero o sistema estaba perfectamente montado.

Aínda así, ben fai o Alcalde de Baralla en retirar as súas palabras, e pedir perdón, e mesmo reiteralo no Pleno que se celebrou este xoves. Que seguro que todo vai resultar pouco.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES