Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Morosidade

jueves, 22 de agosto de 2013
Ata non hai moito tempo, "moroso" só se lle chamaba ao particular que non cumpría coas súas obrigas económicas con outro particular. Moroso, pois, era o que se retrasaba nos pagos, negaba as débedas ou só cumpría cando se exercìa sobre el algún tipo de compulsión.

Nin se adxudicaba este calificativo ás institucións, aínda que a súa morosidade fose manifesta, nin aos particulares que adebedaban cantidades ás administracións, porque estas teñen mecanismos abondos para dun plumazo conseguir que se salden esas débedas.

Agora tamén se chama morosos aos que adebedan algunha cantidade a un banco ou entidade de aforro, porque se ben tamén estas entidades teñen mecanismos abondo para cobrar o que se lles adebede, a situación económica e social ten desequilibrado totalmente as relacións entre estas e os particulares.

Os últimos datos da morosidade cos bancos que se coñecen corresponden ao pasado mes de xuño e resultan ser o máximo histórico dos impagos que a banca rexistrou, cifrándose no 11,6% dos débitos, especialmente hipotecarios, que non puideron ser atendidos no seu momento.

Contra este problema non hai xeito de loitar directamente. Fai falla que a situación xeral mellore, que flúa o crédito, que se recupere o emprego, que os traballadores cobren e, polo tanto, que se poida pagar aos bancos por parte dos particulares que son os que peor levan esta maldita e longa crise.

Moroso era especialmente o que non pagaba porque non quería. Neste caso, son morosos os que non poden pagar, que son cada vez máis, e resultan un termómetro perfecto para saber como nos vai a vida (económica).
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES