Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Padriños

viernes, 09 de septiembre de 2005
Un vello refrán desta terra nosa afirma que "Quen ten padriños, bautízase", ou -o que é o mesmo- quen ten apoios dabondo ten garantido medrar en tódolos aspectos, especialmente no económico e no social.

O que vale para as persoas vale para os pobos e as cidades, o que ocorre é que neste caso os padriños reciben outros nomes, e no caso de que se trate de sintonía política o tema liquídase falando de "goberno amigo".

A cidade de A Coruña tivo en Madrid goberno amigo durante os anos de presidencia de Felipe González, e o seu alcalde soubo obter axudas especialísimas que beneficiaron á cidade con obras públicas moi importantes que calquera que a visite pode apreciar.

Boa parte da sona de bo alcalde que ten Paco Vázquez venlle da administración desas axudas e da transformación experimentada pola Coruña durante estes anos infraestructurais.

Tampouco lle foi mal despois co goberno do PP, que ademáis tivo xestos simbólicos moi importantes coa cidade "cabeza, guarda y llave del reino de Galicia".

E hai que supoñer que a Xunta non debeu tratar mal -¡non debía!- a cidade, durante os gobernos de Fraga, xa que o mesmo Vázquez non se recatou en
expresar loubanzas hacia o político vilalbés.

E, sen embargo, Vázquez ven de visitar a Quintana, como vicepresidente da Xunta, para denunciar que A Coruña estivo marxinada polo PP e pedir diferente trato na tempada que está comezando, na que agarda obter moito máis do que ata o de agora se lle deu.

"Pedide, que se vos dará", coida Vázquez. Por pedir que non quede.

Porque o tema dos padriños vai seguir sendo vixente. Polo menos, non vai ser malo ter alguén coñecido no lugar adecuado, no momento preciso. E, polo menos por agora, Quintana está situado no mellor dos lugares para poder botar unha man no asunto que se precise.

É moi posible que el non se teña por padriño, pero Vázquez anda buscando padriños. E como no Psoe non debe ter problemas, amarra o outro cabo para non deixar nada solto.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania