Manu Chao e Marijuana
Xiz, Xulio - miércoles, 21 de agosto de 2013
Depende como se pronuncie. Pero eu coido ter escoitado a manu Chao francés con antecedentes vilalbeses- cantar que lle gusta Marijuana sen que lle pase nada, porque supoño que se trata dunha droga blanda. E nestas drogas os entendidos non se poñen totalmente de acordo de si é esencial prohibilas, co que esto ten de comercio ilegal e delictivo, ou abrir a man para que alomenos os que consumen, que consuman- non haxa delictos relacionados co tema.
Por se alguén se anima, que saiba que está prohibido o cultivo desta planta suponse que tamén ornamental, e unha muller de nacionalidade holandesa foi posta a disposición xudicial despois de que a Garda Civil atopase nas inmediacions da súa vivenda unha plantación 40 plantas- de marihuana. Supoño que pola cantidade non pode argüír que son para consumo propio, aínda que iso depende do consumo de cada quen.
O curioso da cuestión é que esta aprehensión efectuouse no concello lucense de Negueira de Muñiz, onde hai unha comuna desde hai moitos, moitos anos.
Posiblemente as comunas non sexan o que eran, pero a pura mención desa anárquica ou non institución, fala de liberdade absoluta, de relacións sen ataduras, de disfrute comunitario de todas todas- as posesións, e uso e disfrute de algún que outro alucinóxeno para facer máis levadeira unha existencia que se supón complicada e difícil especialmente polo lonxano e aillado do territorio.
Cada vez que se desmantela unha instalación productora de droga especialmente se son corenta plantas de marihuana- un non pode evitar unha certa conmiseración, tolerancia, case comprensión, pola persoa que se vai do mundo habitado para vivir unha existencia de liberdade en tempos, eso sería libertinaxe pero sen poder desasirse de todo dos mecanismos legais dos que nos temos dotado.
Un comuneiro pode poñerse o mundo por monteira, disfrutar do amor libre e da propiedade comunal, cantar ao sol cada día esquecendo que o mundo non remata na beira do primeiro río que se atope, pero non pode plantar marihuana porque está prohibido legalmente.
Calquera día, algún espabilado aínda ha multar a Manu Chao por propaganda ilegal.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora