Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Na fin do mundo

miércoles, 07 de septiembre de 2005
En tempos, o réxime no que viviamos potenciaba a información sobre problemas foráneos para "axudarnos" a esquecer os propios. Así, se as catástrofes, as folgas e as carencias afectaban a Europa, era razonable que aquí -aínda que non se difundisen adecuadamente- tivesemos problemas de todo tipo.

Se ollamos hacia o exterior, agora que a información é todo o libre que as grandes potencias informativas conceden, a nosa sequía, os incendios forestais, a marcha da economía e os mortos nas estradas son minucias en comparación coas inundacións en Europa, a caída dos avións de liñas de baixo custe, o desastre de Estados Unidos...

É difícil sustraernos a mencionar de novo esta catástrofe que se supón vai duplicar o custe económico do 11S, que vai supor a perda de perto de medio millón de empregos, e a perda de aínda non se sabe cantas vidas humanas.

Como os pequenos aspectos poden ser definitorios de talante, hai que destacar -en sentido negativo- o comportamento dos rectores norteamericanos con Cuba.

Tendo solicitado axuda para paliar os efectos da catástrofe, Cuba respostou ofrecendo 1.600 médicos cubanos para traballar na atención dos afectados. É ben sabido que Cuba non terá grandes instalacións ou material de última xeneración pero os seus médicos son xeralmente estimados.

Pois en Usa viñeron dicir que non queren os médicos cubanos porque na Illa non hai liberdade. Como se as témporas tiveran algo que ver cos traseiros dos que deciden nestas cuestións.

Desde Galicia estamos vendo pasar un mundo de calamidades. Que, dalgún xeito, fan minorar os problemas que poidan afectarnos.

Non é que vivamos no mellor dos mundos, pero tampouco nun "Mundo feliz" ó estilo de Huxley. Podemos presumir colectivamente de ser un pacífico rincón no medio dun mundo axitado, afectado polos problemas de cada día pero alonxado de barahundas violentas.

O de estar na fin do mundo ten que ter algunha vantaxe.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania