Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un sexenio

lunes, 19 de agosto de 2013
O normal é cumprir trienios cando se trata de antigüidade na función pública ou na privada, pero antes eran quinquenios e aínda agora sexenios no caso do ensino.

Estes días vense de cumprir un sexenio do inicio da maior catástrofe económica que lembran particulares e especialistas, con trazas de ter entrado nas nosas vidas para quedar e modificar toda a nosa existencia e a dos que veñan despois de nós.

Naquel primeiro momento nin os entendidos cavilaron as consecuencias que podía traer aquela serie de impagos de hipotecas lixo que se adoitou conceder para manter no aire a fabulosa burbulla inmobiliaria ata entón o primeiro elemento de activación económica.

Un ano despois cae o Lehman Brothers, e a partir daí todos temos conciencia do derrubamento dun xeito de vivir, da desaparición das institucións de aforro, da restricción do crédito, do empeño dos gobernos en soster o sistema bancario, dos recortes nos ingresos e nos servizos, do incremento brutal do paro, da decepción de todos, da desesperación de moitos, da desilusión xeral.

E van seis anos. E non leva trazas de mellorar porque os presuntos brotes verdes non foron verdade como non apreciamos que o sexan a luz ao final do tunel e o mínimo descenso nas brutais cifras do paro, estando en vilo en lenta espera porque as cifras macroeconómicas indiquen melloría da situación.

Cumprimos un sexenio, que ata agora era motivo de celebración festiva. Neste caso non orixina nin unha conmemoración fúnebre, quedando únicamente unha lixeirísima esperanza de que as cousas vaian volvendo ao seu, polo carácter cíclico da economía e dos feitos sociais, ou porque aos verdadeiramente poderosos deixe de interesarlles apretarnos máis e agora lles conveña que nos poñamos todos a producir e consumir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES