Doentes de misericordia
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 19 de agosto de 2013
A grampadora mira cara ó norte e un caderno está colocado en horizontal nunha mesa que precisa dunha limpeza moi urxentemente. A mesa está instalada nun despacho que semella máis unha rateira.
Vivimos na posmodernidade máis enxebre dun país que racha pola invasión dos ultracorpos. Somos enfermos de misericordia e clamamos por unha pílula con sabor a esperanza. Pero a febre, o mal agarrótanos os sentidos e pensamos que máis alá da inconsciencia está o mar cheo de olas que se bambean para arrolar os nosos corpos.
Hai ritmos que non sabemos controlar e que nos levan por certos planetas coas cores cheas de soños. O replicante Rick Deckard cámbianos os soños por ovellas eléctricas. Somos doentes de misericordia que non queremos morrer coma androides sen alma.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora