Feira do libro de Foz
Fernández, Suso - viernes, 16 de agosto de 2013
Este sábado inaugúrase a XXVIII Feira do Libro, programación que hai 27 anos ven celebrándose, sen faltar a unha soa edición.
Cando en 1986 xestionouse a implantación da mesma, co proxecto de continuidade, xurdiran serias dúbidas sobre a súa viabilidade pois outras feneceran en prazas de maior entidade.
O do libro é un mundo complexo e difícil, sobremaneira onde, coma en Galicia, o índice de lectura é francamente baixo Pero o tempo situou ó certame focego como o mais exitoso dos que teñen lugar en vilas, e decano deles.
Pode decirse que para a vila trátase do evento cultural mais importante da súa historia, se atendemos a consideracións puramente obxetivas: é o que mais perdura no tempo; o de maior participación (ao longo das 27 xa celebradas foron milleiros os/as visitantes) e o acontecemento que trouxo ó pobo un maior número de xente da cultura, xa como pregoeiros, conferenciantes, presentando e asinando libros, rapsodas, relatores, contacontos
Nesta ocasión será a bisbarra de Alfoz e Valadouro a que teña un especial protagonismo : Pregoará a Feira o coñecido escritor e prestixoso actor alfocense Manuel Lourenzo, que asemade presenta o libro da súa.autoría As luces do castelo; por outra banda Lionel Rexes amosa o seu curioso traballo de investigación.Ditos e refráns do Valadouro, ambas publicacións do Seminario de Estudos do Valadouro... E tamén terá unha notoria presencia o que está sendo un éxito sen precedentes na historia editorial da Mariña: Lembranzas musicais do Valadouro , obra na que Paco Piñeiro e Paz Rodríguez realizaron esforzos titánicos para ofrecer o mais completo e fiel tratado do que o cronista define como a epopeia musical que perante un século escribiron as xentes daquelas terras das que, que saibamos, non existe parangón.
Témolo por caso único, en espacio territorial e humano tan reducido. Alédanos a presencia destes vellos amigos no certame focego aínda que, por esta vez, non podamos disfrutar de tan desexada e grata velada,

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora