Emprego tampouco ten idea
Editorial - martes, 13 de agosto de 2013
Donde dicimos Emprego, dicimos o Ministerio de Traballo de toda a vida, que pretenden o mesmo chamándose como se chamen, e conseguen o mesmo porque o feito de que exista emprego non depende dun ministerio.
Pretender que alguén denuncie anónimamente a existencia de fraude é fomentar a cobardía, o tirar a pedra e esconder a man. Porque as denuncias de toda a vida son as que se asinan con nome e apelidos, con dni ou cif, con valentía e con razón.
A estas altura desta película de misterio case de terror- que un ministerio pretenda utilizar denuncias e denunciantes anónimos evidencia que os que nos gobernan non saben de que vai, e se o saben é peor.
Neste tempo do sálvese quen poida pretender que se denuncie o pequeno chanchullo, os cartos en negro dun autónomo que non chega a selo, o desaxuste dun contrato laboral non é iso de matar as moscas a cañonazos, é pretender que as moscas disparen co cañón.
Non teñen centos de inspectores que se reforzan para facer máis visible a súa presenza?. Pois fáganos traballar, e déixense de insultos á intelixencia, porque as denuncias anónimas son iso ou algo moito peor.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora