Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lola

jueves, 15 de agosto de 2013
No ano 2000, LOLA tiña 84 anos.
Xa estaba viúva, con varios fillos, nove netos e varios bisnetos.
Ata aquí, pedríamos decir que todo normal...
Ata poderíamos decir que se trata dunha muller afortunada que tivo a sorte de chegar ós anos que chegou con boa calidade de vida, que viu nacer e medrar ós fillos, ós netos e tamén ós bisnetos...

Certamente, Lola é unha muller afortunada, pero non só por esas razóns.

Cando Lola tiña 84 anos, coñecina nadando mar adentro. Parecía un auténtico peixe, pero o que máis me chamou a atención foi que enseguida entablamos conversación ó mesmo tempo que gozábamos do líquido elemento.

Lola explícase moi ben. Ten un carácter especialmente agradable e trátase dunha muller moi sabia, moi activa, moi alegre, moi comunicativa e sumamente válida.

O médico recomendáballe que non tomara o sol despois do baño, pero ela sentada na súa pena de costume, dicía:
“VOUNO TOMAR HOXE...
¡QUE SEI EU O QUE VAI PASAR MAÑÁ!

¡Canta razón tiña!

Lola vivía o presente que é do único que podemos disfrutar.
Foron pasando os días e Lola foime revelando os seus segredos:
-Tivera unha panadería, un negocio familiar, do que se mostraba moi satisfeita.

-Levaba moitos anos xubilada.

-Morreulle un filliño que o lembraba con devoción.

-A súa filla tivo sempre unha saúde moi pero que moi delicada: varias operacións en Marsella porque en España non as facían, pero aínda así defendíase con dificultade.

Ultimamente, era Lola quen coidaba da filla e sempre con bo carácter:

- ¿QUÉ OUTRA COUSA PODO FACER? - dicía.

Estas cousas pasan en moitas familias... O que non pasa en tódalas familias é que a avoa se poña a escribir ós oitenta anos.
Púxose a escribir a biografía de toda a familia sen esquecer detalle.

Podo dar fe desto porque Lola ensinoume tódalas súas pulcras libretas escritas con moito esmero e con moito amor; onde ten refexada toda a historia familiar ata o último bisneto sen faltar o máis mínimo dos detalles.

Tamén ten moitas notas tomadas de cursiños que facía sobre como envellecer activamente.

LOLA NON DÁ PUNTADA SEN FÍO.

No momento que escribo esto, Lola ten 97 anos,3 fillos, 9 netos e 19 bisnetos e recorda os cumpreanos e os santos de todos e de cada un.

Durante os meses de verán está no seu chalet a poucos metros da praia. Este ano está cun neto solteiro de 45 anos que a coida con moitísimo cariño.

-“COMO NON SE CASOU, TÓCALLE COIDAR DA AVOA”-di Lola con humor. (O neto traballa alí cerca e tamén acompaña á avoa)
Eu visítoa cada ano no seu chalet, pero este ano atopeina ó saír da praia.

Ó mesmo tempo que lle dou unha aperta :
¡Que alegría vela por aquí, Lola!
(Desta vez, estaba nun lugar elevado na beira da praia cando eu saía da mesma)

-¿Qué tal, Lola?
(Non llo digo pero noto que deu un pequeno baixón físico neste último ano)

Natural como a vida mesma. Eu, tamén o dei.
-MOI BEN, GRAZAS A DEUS, responde ela chea de entusiasmo.
-¿E a súa filla?
-NON TAN BEN COMA MIN. (Fai un aceno como dicindo que...)
(Fíxese a persoa que está lendo: “NON TAN BEN COMA MIN”.
Outra na súa situación diría algo así:”Esta moi mal e eu tamén, xa teño 97 anos, dóeme esto, dóeme aquelo, pobre de min e patatín e patatán”...)

Pero Lola é unha muller moi pero que moi positiva. Eso dálle vida.
-Véxoa moi ben...-insisto eu.
-SI, SI, MIRA EU CO MEU “TODO TERREO” VEÑO CADA DÍA VE-LA MIÑA PENA.
XA NON ME PODO BAÑAR, PERO MIRO QUE TODO ESTEA EN ORDE.
VEÑO A VIXIARVOS...(rise)
(O “todo terreo” de Lola é un andador co que percorre a zona para ir a comprar, para ir a pasear para ir a ver a praia na que tanto disfrutou, para charlar con este, con aquel, con españois, con extranxeiros...)

E o máis importante: SEMPRE SORRINTE, SEMPRE DE BO HUMOR)
-Moi ben Lola, entonces.. ¿Que me conta?
-POIS QUE ME FALTAN TRES.
FÁLTANME TRES PARA OS CEN.
EU AÍNDA PENSO QUE VEREI CASADO ALGÚN BISNETO.
A MAIOR XA TEN 14 ANOS...
OS NETOS DINME QUE TEMOS QUE CELEBRA-LO CENTENARIO POR TODO O ALTO.
-Paréceme moi ben, claro que si. ¿E vostede que lles di?
-¡QUE LLES VOI DECIR!:
QUÉ POR MIN NON QUEDA... QUE VOU FACER TODO O POSIBLE.
DE MOMENTO O QUE MÁIS LIXEIRO ME VAI É O CEREBRO; O CORPO NON TANTO; PERO CO MEU TODO TERREO...
CO MEU “TODO TERREO” VOU DÁ-LO MEU PEQUENO PASEO POLA MAÑÁ.
DESPOIS DE XANTAR BOTO A SIESTA
E POLA TARDE OUTRA VEZ. OUTRO PASEÍÑO E ..¡ALA!
¿QUÉ OUTRA COUSA PODO FACER?

-Nada mellor Lola, véxoa moi ben.
-CLARO QUE SI... -respóndeme ela con vitalidade.
“O QUE SE CONFORMA CO QUE TEN, ESTÁ SEMPRE BEN”- di Lola totalmente convencida e feliz.
-Chao, Lola, deica mañá. Un biquiño...Outro para a súa filla.
Dáme un bico e dime:
-MAÑÁ SERÁ OUTRO DÍA... e vaise contentiña e lixeiriña porque enseguida chegará o seu neto ...

A vostede que le esto, sinto a necesidade de dicirlle que a min, persoas como Lola danme moitas leccións de vida:

- O seu optimismo.

-Non queixarse nunca aínda que os seus motivos terá.

-Sempre de bo humor.

-Sempre agradecida coa vida e coa familia. (Nunca me deu a máis mínima queixa.)

Tenme dito moita veces: “NON ME DEIXAN SOA, NON”. “CÓIDANME MOI BEN”

Esta segurísima e confiadísima. E non fai distincións. A ela todos a queren e todos a tratan ben.

-Sempre conforme co que ten.

-As ganas de ver casado algún bisneto...

Lola é unha desas persoas maiores de espírito moi xove, (xa ten 97) que aproveita todo o positivo que lle dá a vida e está agradecida. Ten máis optimismo que algunha persoa de vinte...
Lémbrame moito á miña avoa materna que tamén estaba sumamente agradecida á vida e á familia.

Ós netos adorábanos e os netos adorábamola a ela. Era un encanto de muller.

E por non queixarse nin se queixou no momento da pasar á outra vida: o único que dixo foi. “O MÉDICO NON SABE O QUE EU TEÑO”.

E acertou.

Momentos despois, cando lle comuniquei ó médico que xa cambiara de vida, soprendeuse e dixo: “Tivo que ser un infarto”

Para min, a miña avoa foi unha persoa exemplar e Lola tamén é unha persoa exemplar como se ven poucas á súa idade e prodúceme moita satisfacción poder compartir con vostede estas vivencias, porque sei que vostede tamén é unha desas persoas encantadoras e exemplares.

Eu quero aprender da miña avoa e tamén de Lola. Quero ser positiva, optimista, confiada e moi agradecida.
A ver se o consigo...Ando neso.

Graciñas a tódalas persoas como a miña avoa materna e como “LOLA” que caladiñamente e de forma anónima, son felices e fan felices ás persoas que as rodean.

ANCIÁNS ASÍ, MERECEN UN MONUMENTO.

Non sei se o hai, pero se non o houbera, habería que ir pensando en facérllelo.
Merecido, téñeno.

¿Que lle parece a idea?

Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aquí o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES