Carta ao Alcalde de Baralla
Timiraos, Ricardo - miércoles, 14 de agosto de 2013
Oeu, Señor:
Sempre lles oín decir ós votantes do seu partido que a xente de cultura sempre votaba as dereitas, e por iso supoño que os veciños que o votaron a vostede son persoas cultas. Aínda que é posible que tamén sexan tan ignorantes coma vostede e non se decaten do necesaria que é a escola. Que me perdoen os baralleiros que nada teñen que ver con vostede.
Cóntolle unha anécdota da miña colleita:
Cando eu era novo, ocurréuseme, acompañado pola miña dona, ir polas festas a vender libros de poesía. Tolerías de xuventude. Así que, polo san Ramón, chegamos a Vilalba, á praza, onde hoxe está a estatua do seu patriarca D.Manuel, e, pertiño dila, montamos un pequeno tenderete coma ises dos hipies. Alí estivemos pasando o tempo co desexo de que alguén se achegara e mercara algún libro dos meus colegas madrileños.A xente pasaba, fachendosa ila, e miraba para outro lado mentras a miña dona e eu mesmo facíamos comentarios en voz baixiña moi axeitados ó espectáculo.
Nistas achegouse a nós un rapaz duns trece ou catorce anos e preguntounos: ¿pra que valen os libros? Nosoutros, por un intre quedamos mudos, botámonos a rir e o pícaro fuxeu coma se o tragara o lume. Pouco tempo despois rematamo-lo intento.
Coa cantidade de xente culta que hai en Vilalba e fumos dar, cecais, con vostede o que un día ía ser alcalde de Baralla.
Mágoa que non lle derá a vostede por arrimarse máis perto a D. Manoliño para que il lle enseñar a vostede un cachiño de Historia. Entón cecais poidese vostede saber que antes do trinta e seis había niste País unha República elexida democráticamente, e que ise militar ferrolán chamado Franco foi un golpista que matou a milleiros e ata millóns de persoas cuio único dereito foi defende-lo goberno lexítimo ata entón.
Niste País aínda queda na memoria colectiva o aldraxe que supuxo aquela dictadura e os cadáveres dos mortos descansan nas cunetas esperando que Galicia e España reciban a colleita do seu sangue. Sangue de soños e esperas que aínda está por vir.
Non, non é unha noxenta revancha senón unha lección de Historia que vostede e outros vostedes necesitan. A diferencia que hai netre aqueles homes e Franco e que iste usaba bozales, -cosiderábanos cans- e nós non lle quitamos a vostede nin a voz ni a alcaldía deixámolo que fale- respeto da libertade do individuo- aínda que lle esíximos que non insulte. Bastante tén vostede cos seus coñocementos.
Outra anécdota:
Estaba unha vez o poeta Noriega Varela nun bar e ocurréuselle pedirlle un pitillo a un rapaz, antiguo alumno dil, que gañaba ben indo ó mar. O mozo mirou a Noriega con noxo e espetoulle:
-Parece mentira que vostede, có que sabe, non teña cartos para un pitillo- e deullo coma quen llo tira a un can.
Entón Noriega, retranqueiro como era il, espetoulle.
-¡Ai Deus! ¡Ai Deus! ¡Qué inxusto foi Deus contigo: Deuche dúas patas
e ben merecías outras dúas!
Mire vostede, hai moitos homes que andan a catro patas, algúns ata alcaldes, pero tamén hainos que están erguidos e froitos daquela sementeira. Tratamos de olvidar porque non somos revanchistas, máis non veña vostede tocándonos o carallo.

Timiraos, Ricardo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora