Non teñen nin idea
lunes, 12 de agosto de 2013
Moitas veces, diante das decisións dos que nos gobernan, temos a sensación de que os políticos non teñen nin idea de como vive a xente, como se sobrevive aos momentos actuais, como é a realidade cotiá da inmensa maioría da xente nosa.
E canto máis alto é o nivel de decisión, máis lonxana nos parece que está a alta autoridade da realidade de cada día da xente que os ten votado e logo os soporta.
Por lóxica espacial, nos concellos débese coñecer a realidade social de cada demarcación, o mesmo que nas deputacións, e incluso nos gobernos autonómicos. Pero xa é moi dubidoso de que no goberno de Madrid teñan cabal información sobre o que nos acontece cada día.
Moito menos nas institucións europeas, que Europa é para nós un mundo aparte. E se non, a ver como se lles ocorre a autoridades e institucións recomendar a España baixar un dez por cento os soldos para crear postos de traballo.
O único que consegue unha decisión así é cabrear ao persoal, recortar o seu poder adquisitivo, e polo tanto contraer o consumo e con el a economía.
Ou non teñen nin idea do que están a falar e tratar, ou están en contra nosa con intereses alleos ao común dos europeos. Para unha viaxe así por esta desventurada Europa non precisábamos alforxas tan grandes nin costosas. E a este pasado non teremos nin alforxas. Eso si: se teñan idea, é sen dúbida unha mala idea para connosco.
Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora