Cubríndose da chuvia
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 12 de agosto de 2013
Visperina Lucero Ruiz abre o paraugas para trasladarse do portal da súa casa ó coche que ten aparcado a tan só un dez metros. Pouca distancia, pero suficiente como para poñerse coma un pingo. Chove a mares.
Chove a máis chover. Visperina Lucero Ruiz leva na súa man esquerda un bolso de cor vermella que se bambea ó compás dos seus pasos. Estes son apresurados porque, aínda que leve o paraugas aberto, sabe que sempre o aire conseguirá filtrar algunhas pingas de auga que caerán sobre a súa elegancia. De todas formas, ela tan só se preocupa polo pelo.
E tamén sabe que a tela dos paraugas de agora deixa coar unha babuxa que lle pode estragar o cabelo. Nun amén métese no coche, toca o pelo, nótao seco e sorrí. Visperina Lucero Ruiz pérdese na distancia.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora