Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En Santa María de Pesqueiras

sábado, 10 de agosto de 2013
En Santa Mara de Pesqueiras III ACTOS REIVINDICATIVOS
PARA SOLUCIONAR AS DEFICIENCIAS
DO MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE PESQUEIRAS

A Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada, celebra o seu III acto anual e reivindicativo para dotar de accesos a este templo que desde 1969 quedou inactivo ao culto, pola edificación dun novo templo no centro da poboación de Pesqueiras. Este antigo mosteiro de freiras bentas e de estilo románico do século XII, declarado monumento nacional en 1950, vese agora desprotexido e con certos problemas conxunturais como son os accesos en mal estado que de ano en ano veñen a manifestar un mal estado que en ocasións non permite acceder a este espacio.

Outro dos puntos reivindicativo é a electrificación do templo, e isto faixe urxente despois da restauración das pinturas renacentistas que se concretan en tres murais sobre a Anunciación, a Resurrección e o Xuízo Final; unhas pinturas que xuntamente coa fábrica románica deixan de observalas moitas persoas, digamos mais de 1200 que non puideron ver tódolos seus pormenores por falta de luminosidade. Por tanto, é urxente a instalación de luz eléctrica para poder observar cada un dos detalles destas pinturas.

A terceira reivindicación é a instalación de sinalizacións, dado que as carencias das mesmas non posibilitan localizar este mosteiro e moitas persoas pérdense co auto polas ribeiras. Este punto é de alta sensibilidade que as institucións deben preocuparse por superar estas deficiencias.

Neste III acto reivindicativo estará presente a música a cargo do dúo vigués de arpa e zanfona, Mini e Mero, o Trícole; contará cun recital de poesía, a presentación do libro: “As Pinturas Renacentistas de Santa María de Pesqueiras” e dunha misa en galego. Esta Asociación emitirá un comunicado sobre as reivindicacións que está incidindo en puntuais problemáticas desde fai tres anos, co fin de que esta igrexa sen culto teña outras funcións de tipo cultural e relixioso, que permita rehabilitar actos que estean dentro do contexto e da idiosincrasia da mesma.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES