Cregas, non
Editorial - martes, 06 de agosto de 2013
Cregos, si, seguiraos habendo, dependendo das vocacións autóctonas e da importación correspondente, que xa é importante a inmigración relixiosa en tempos de aparente seca galega e hispana de servidores de Deus e da Igrexa. Pero cregas, non.
Moito se agardaba e se agarda deste Papa Francisco, que conserva costumes dos tempos que foi libre, que segue a usar o teléfono móvil para conversar cos seus amigos, e que ven traer aire novo, xeitos novos, tempos novos, para unha institución bimilenaria coa que case todos temos algún tipo de relación.
Sabido é que cando un cardeal chega a Papa ten que loitar contra todas as adversidades entre as que non é a máis pequena o aparato da curia vaticana, que ten a súa marcha, as súas reglas, o seu tempo. E enfrascado nesa loita, na que case todos resultan absorbidos polo sistema, non se poden non se deben agardar cambios revolucionarios, como podía ser que as mulleres puidesen ser ordeadas ministras da Igrexa.
O Papa xa deixou claro que non ía ser posible que as mulleres fosen cregas aínda que recoñece que hai que redefinir o seu papel dentro da Igrexa. Redefinilo si, pero non nos engañemos. O de que teñamos cregas, por agora non toca, o que representa unha ocasión perdida para renovar a Igrexa nun aspecto ben importante, vital.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora