Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A miña árbore de amigos

miércoles, 07 de agosto de 2013
(Leído onte, martes, na inauguración da exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, na Casa da Cultura de Paradela-Lugo)


Ben quixera estar con todos vós neste día tan memorable para o ben querido amigo Manuel Rodríguez López, para a súa familia que tamén me honra dende hai moitos anos coa súa sincera amizade, para o Concello de Paradela e o seu Alcade aos que tamén me sinto vinculado por lazos efectivos e para cantos puidestes, quixestes e tivestes a ben concorrer a este acto.

Fisicamente non podo ou non debo facerme aínda presente nestes eventos por estar convalecente dunha operación de larinxe. En espírito si que estou entre vós agradecendo a vosa acollida e teño a seguridade de que acarón de todos nós está Manolo. Non sentides a súa presenza?

Unha vez máis o común amigo, de Manolo, de Irene, dos demais familiares e de todos, Xulio Xiz, préstame xeneroso a súa voz.

Quizabes debera dicir que lla presta a Jorge Luís Bojes do que entrecollo permitíndome algunha modificacións uns poucos versos do seu longo poema: A MIÑA ÁRBORE DE AMIGOS
Pero, para que andar con voltas, se Xulio ten capacidade para prestarnos a súa voz aos dous?


Existen persoas nas nosas vidas que nos fan felices
polo simple feito de térense cruzado no noso camiño
Algúns recorren corredoiras e autovías ó noso lado,
vendo pasar moitas lúas.
A outros, case non nos dá tempo a velos
entre un paso e outro.
Cada folla dunha árbore, simboliza un amigo.
O destino, (Eu diría a Providencia),
preséntanos a amigos,
que non sospeitabamos que asomarían ó noso camiño.
A moitos chamámoslles “amigos da alma”,
Un amigo ou amiga “ da alma”
dá novo brillo ós nosos ollos,
pón nova música nos nosos beizos,
e volve máis áxiles os nosos pés
por máis cansos e magoados que estean.
O tempo pasa, foxen a primavera e o verán
e velaí, xa se albisca ou outono, ou xa estamos nel.
Tampouco é una traxedia.
Só perdemos algunhas follas.
Mellor dito, non as perdemos:
Transfórmanse ou trasládanse
a outra árbore de perenne follaxe
¡Non. Non queremos esquecer a estes amigos!
Por iso, Manolo, mantemos a túa memoria
e algún seguimos regando a túa amizade
coa pregaria afervoada preñada de lembranzas.
Graciñas, Manolo, porque ti,
como cada persoa que pasou pola miña vida,
es único e irrepetible, e, como amigo, es un tesouro.
Graciñas porque tiveches a ben deixar en min algo da túa riqueza
e non puxeches dificultade en levares contigo algo da miña pobreza.
Seguimos camiñando xuntos amizade
ata que xuntos sigamos sendo
follas non caducas da Árbore da Vida.
Carballo, Xosé Manuel
Carballo, Xosé Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES