Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Compromisos adquiridos

miércoles, 07 de septiembre de 2005
O Presidente da Xunta de Galicia e a Conselleira de Educación veñen de dar un golpe de efecto diante da opinión pública galega ó anunciar a gratuidade total dos libros para os estudiantes de primaria, que supón no presente curso un investimento de trece millóns de euros por parte da Xunta de Galicia.

Os pais dos nenos de primaria adquirirán os libros, pedirán a correspondente factura, e entregarán todo no colexio dos seus fillos. O centro tramitará esta factura á Consellería, de xeito que se proceda ó abono das cantidades aboadas por este concepto.

O sector do libro, en tanto, preocupado e atento. Que este ano non terán problema se os pais de alumnos elixen libremente o lugar de compra dos libros. O problema sectorial é de futuro.

O Presidente Touriño sinalou, na presentación desta medida, o alto impacto social que supón, e a necesidade da súa adopción de inmediato, "cumprindo compromisos adquiridos" durante a pasada campaña electoral.

Esto é o verdadeiramente novedoso. Porque estamos afeitos a ver que as promesas que se fan durante as campañas electorais, mesmo as palabras que moitos políticos pronuncian no decurso da súa actividade pública, no caso de ser escritas son papel mollado e no caso de ser ditas son palabras ó vento.

Tomarse en serio o comprometido durante a campaña electoral parece dicir que o goberno vai en serio, e eso é o que nos deixa expectantes.

Cada político empeza a adquirir compromisos en canto se lanza á actividade pública. E logo pode esquecerse, tomar nota, pasar os temas a outro, ou dispoñerse a cumpri-lo prometido.

Eso de "cumprir compromisos adquiridos" foi o verdadeiramente importante, aínda que para os pais de nenos en idade escolar o importante foi a decisión que lles proporcionará un aforro que se estima en arredor de 400 € por alumno.

Sigamos expectantes, porque moitos son os compromisos adquiridos e moito, polo tanto, o que podemos agardar no futuro inmediato.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania