Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A outra caixa negra

viernes, 02 de agosto de 2013
España xa non é perigosa, é un perigo (Camilo Gonsar).

Agora, cando o horror converteuse xa en paz para as vítimas e unha vez máis pudemos comprobar tralo televisor as frustrantes limitacións da nosa solidaridade, quizais, como os de Angrois, podamos facer algo máis que funerales e exercicios de redacción; algo que non sexa xusticeiro nin bonista pero sobre todo, que non sexa estúpido. Quizais poderíamos saber sobre todo o que de certo hai en todo isto para que non pase nunca mais.

Porque mal comezou xa a cousa coa precoz atribución polos políticos da súa exclusiva inda que evidente responsabilidade ó maquinista. Pese a retoques posteriores, esta exclusiva presunción supuxo a extorsión dunha evidencia que berraba xa desesperadamente dende a súa flagrancia tecnolóxica e política. Non fai falla ser moi listo para, despois de ver o video do descarrilamento, votar de menos as previsións dun trazado centrifugador das vías, dos automatismos tecnolóxicos alternativos a calquera fallo humán e, sobre todo, dunha vixilancia administrativa minimamente responsable e alfabetizada. Permítaseme pois eiquí chamar encarecidamente a atención sobre o feito de que istas precoces declaracións, escurecendo a posible raiz causal do accidente -tecnolóxica e política-, puideran ser en se mesmas o “corpus delicti” de outros máis cualificados causantes: unha inadvertida caixa negra moito máis alarmante que o accidente mesmo e que permitira examinar tamén outras presuntas e máis avultadas responsabilidades.

O apaixoamento con que algúns tertulianos se atropelan uns a outros na Tele falando da falibilidade técnolóxica fronte os accidentes -mesmo coma se se tratara de terremotos-, da prepotencia ferroviaria española no mundo e do risco de perder mercados –é dicir de non facer nada, nada, sobre todo agora que xa temos un maquinista confeso- puidera ter algunha significación complementaria.

Nembargantes, coma noutras ocasións, é bo sentirse agora satisfeito de ter algo que ver cos de Angrois, coa súa triste indiferenza ante zalemas que non poderán xa desfacer as súas dramáticas lembranzas. Síntome moi honrado coa esperanza de, a través deles, alcanzar xa unha máis definitiva condición de Home.

Entre tanto, noto xa todo ó redor que Galicia vai sendo moi querida en España.
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES