Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santiago ou Vigo

martes, 06 de septiembre de 2005
Houbo un tempo no que a Consellería de Traballo radicaba en Ourense e a de Turismo en A Coruña. A Xunta era preautonómica, e a distribución territorial procuraba compensación xeográfica a un poder emerxente aínda moi novo.

A autonomía medrou, consolidouse, e tomou carta de natureza nunha terra que está a piques de cumprir o cuarto de século de autogoberno.

En exercicio dese autogoberno, Galicia estableceu Santiago de Compostela como capital autonómica e, polo tanto, sede do goberno galego e dos seus diversos departamentos ou Consellerías.

E así levamos anos, e pensabamos que -reivindicacións de A Coruña aparte- o sistema estaba consolidado e non tiña volta atrás.

A proposta socialista, formulada na campaña electoral, de levar a Consellería de Pesca para Vigo é de supor que causou fonda satisfacción en Vigo, preocupación en Santiago e estupor no resto de Galicia.

A preocupación de Santiago veñen de facela patente os representantes dos tres grupos representados no concello compostelán -PP, Psoe e Bng- que se opoñen frontalmente a ese traslado, independientemente da cor política dos propoñentes.

Claro que o factor decisivo para que o Psoe poida cumprir esta promesa electoral vai se-lo PP, xa que para modifica-la Lei que autorizaría o traslado da Consellería fai falla unha maioría cualificada na Cámara do Hórreo de dous tercios, polo que sen o voto afirmativo do Partido Popular non hai nada que facer.

Levar Pesca para Vigo porque é o máis importante porto pesqueiro en moitas leguas, significaría traslada-la Consellería do Rural á Terra Chá lucense, ou a de Medio Ambiente á Devesa da Rogueira aló polos montes do Courel. A de Turismo podería rotar entre a Estación invernal de Manzaneda e a praia da Lanzada, a de Comercio situarse nesa planta que en tempos (urbanísticamente) parece que sobraba en El Corte Inglés de A Coruña, a da Vivenda na macropromoción que Fadesa está a facer perto de Perbes e -en fin- a de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes para Baamonde, que é o punto de incidencia da futura autovía A8 coa actual A6.

Vivimos tempos de tales cambios que, alomenos polo de agora, non parece lóxico facer mudanzas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania