Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O recuncho necesario

jueves, 01 de agosto de 2013
Case seguro que vostede ten un sitio preferido á hora de sentarse á mesa...

Case seguro que adoita sentarse no mesmo lugar cando ve a tele.

Case seguro que Tten por costume sentarse sempre no mesmo asento do seu coche.

Case seguro que ten un sitio preferido na súa casa cando se pon a ler o a escribir, a calcetar, a meditar, a ..., etc, etc.

Case seguro ...

Case seguro que precisa ter un sitio especial para vostede onde poder comer, onde poder descansar, onde poder relaxarse, onde poder estudiar, etc,etc

Ó longo da vida imos buscando “RECUNCHOS” que se acomoden dun xeito especial ás nosas necesidades.

Hai infinidade de RECUNCHOS QUE SON ALGO ASÍ COMO LUGARES ENCANTADOS ONDE SENTIMOS UNHAS VIBRACIÓNS MOI PRACENTEIRAS CARGADAS DE ENERXÍA POSITIVA.

Os nosos recunchos que forman parte da nosa vida.

Eu sei que vostede ten os seus recunchos e que, no que se atopa neste momento, tamén está feliz, por eso eu quero compartir con vostede a miña felicidade desde un dos meus recunchos.

Un deses recunchos pode ser unha praia para as persoas amantes dos baños e do sol.
Unha praia determinada e un lugar determinado nesa praia.

Eu son unha desas persoas que disfrutan bañándose coa auga salgada e tomando unha ración moderada de sol.
Tamén disfruto coa montaña, pero no mar aínda moito máis.

Gústame moito a praia, pero ten que ser unha praia especial e un lugar especial onde eu respire:

-Familiaridade no ambiente.

-Aire puro con olor a iodo.

-Augas tranquilas e transparentes.

-Temperatura adecuada.

-Boa compañía.

-Moita paz e... ¡a disfrutar..!

Buscar un lugar así, un “RECUNCHO” no que te sintes moi ben; é o que interesa.

Eu encontreino.

Este recuncho ten para min un encanto especial:

-É unha praia pequena en forma de vieira que comunica co mar por unha boca estreita, algo así como unha enorme piscina de auga salgada, aberta ó mar:
.
-Con persoas de tódalas idades, desde bebés ata persoas moi maiores, moitas das cales son as mesmas de sempre.
Un lugar moi pero que moi humano.

-Area entrefina, de tamaño idóneo para masaxearche os pés con suavidade e dozura ó mesmo tempo que elimina as durezas e déixachos como unha seda.

-Pinar abundante para recrea-la vista, purificar o aire ou para dar un paseo.

-Chalets unifamiliares que teñen prácticamente sempre os mesmos habitantes: os seus propietarios.

-Campings ben acondicionados.

-Un supermecado de tamaño medio, onde encontras de todo a un prezo máis ou menos razoable.

-Un hotel pequeno que praticamente ten sempre os mesmos clientes ano tras ano.

-Tres ou catro restaurantes familiares que tanto ofrecen pratos mariñeiros, un xelado como acceso a Internet.

-Unha tenda de cousas de praia...

-Un posto de socorro da Cruz Vermella que ten moi pouco traballo, porque esta praia é moi segura.
.
-Un espazo reservado para barcos por onde aparece de vez en cando un pequeno cruceiro, algúns iates e algunhas lanchas de tamaño medio e pequeno.

-Augas tranquilas, trasparentes e temperatura idónea para darte un chapuzazón cada hora, desde as sete da mañá ata ben entrada a noite.

-Aparcamento suficiente.

Como vostede pode observar:un lugar acolledor, moi acolledor, sobre todo para as persoas amigas da praia.

Tamén hai persoas ás que non lles gusta a praia.
Vostede pode ser unha delas.
Nese caso, móstrolle o máis profundo respeto.
Cada persoa ten as súa preferencias.
Non pasa nada, no mundo hai sitio para que todos atopemos o noso “RECUNCHO”

Este recuncho do que falo hoxe é principalmente para os amantes da praia e para quen queira compartir ese gozo desde o seu recuncho preferido.

Pois, efectivamente, nese recunhco fixo a nai naturaza un MINI-RECUNCHO no que nos instalamos un grupo de persoas estupendas para compartir día a día as nosas horas matutinas de praia.

Quen primeiro chega, primeiro reserva sitio para o grupo.

Xeralmente, as primeiras, son as persoas de máis idade porque son as máis madrugadoras e as que antes se retiran.

Eu son das que procura chegar cedo porque así aproveito máis aqueles baños refrescantes das primeiras horas da mañá, que son para min unha auténtica medicina.
Pero nunca son das primeiras nin tampouco das últimas.

Cando chego sempre son moi ben recibida: saúdos, bicos e un “ponte aquí” como sinal de que me reservaron aquel sitio para min.

Acto seguido, sempre hai unha persoa voluntaria que se adianta para póñenme protector solar.

Cóidanme moito.
Todo un luxo de detalles.
Síntome unha persoa moi querida.
Así calquera...

.Mentres que estou na praia, comparto compañía, conversación e “viaxes a Menorca” coas persoas do grupo.
Teño que decir que todas as persoas están capacitadas para “ir a Menorca”, pero algunhas non van sencillamente porque disfrutan polas cercanías.

Chamámoslle “ir a Menorca” o feito de ir nadando ata as boias que poñen para separar a zona dos bañistas da zona das embarcacións, patinetes, etc..
Nesas viaxes danse moitas confidencias: falas de todo e aprendes moito. Cando chegas á boia de costume, paras alí un poco e segues coa conversa ata que xa dis:

¿Volvémonos?
Parece que me está collendo o frío.

E volta para o “RECUNCHIÑO”, onde xa apareceron máis persoas amigas que foron chegando mentras outras “fomos a Menorca” : saúdos, bicos e apertas outra vez.

Somos un grupo moi afectuoso.

Un bico, unha aperta e un sorriso, non costan nada pero significan moito.

Os temas de conversación sempre son moi interesantes: a vida, a familia, os estudios, a boa educación, receitas de cociña, e un interesante e longo etc.
Sempre temos unha conversación moi enriquecedora.
Cadaquén aporta as súas experiencias para compartilas como se dunha segunda familia se tratara. Os do grupo saben a miña vida e eu sei a dos restantes.

Nin que decir ten que nos coidamos moito todos de todos. Non é habitual ver eses grupos tan numerosos e tan unidos nunha praia. De feito eu non vexo ningún así en toda esta praia.

Nós formamos un grupo de persoas de diferentes idades, diferentes lugares, diferentes profesións aínda que predominan as do honorable Corpo do Maxisterio, xubilados, en activo, variedade....

Non importa a situación de cadaquén, o que si importa é que todos nos encontramos moi cómodos con todos neste “RECUNCHO”.

Este ano cheguei algo máis tarde que de costume ó “RECUNCHO” e xa levaban preguntado varias veces:
-¿E Mercedes?.
Outros anos era das primeiras en chegar..
¿Pasaríalle algo?

-Mercedes está a punto de chegar –respondía alguén que tiña noticias miñas.
.A verdade é que nos temos moito aprezo.
Interesámonos todos por todos mutuamente.e cando alguén ten que “desafogar”, tamén pode facelo con absoluta naturalidade contando co apio psicolóxico dos outros.

Sentímonos moi afortundos cada vez que nos re-encontramos porque o feito de volver a vérmonos, xa indica moitas cousas boas:

-Que estamos vivos.
-Que gozamos de boa saúde.
-Que nos alegramos moito de volver a vernos.
-Que temos oporunidade de disfrutar do “RECUNHO” un ano máis todos xuntos.
- Que nos tarda por compartir o “RECUNCHO”.

-Porque UN RECUNCHO É NECESARIO para encontrase cómodo nesta corta viaxe que é a vida.

E cando alguén falta á cita: algo pasa.
A enfermidade fai acto de presencia cando menos a esperas...

Eu teño outros moitos recunchos. De feito procuro que cada lugar no que me atopo nas diferentes situacións que me presenta a vida, sexa un “RECUNCHO” do que disfrutar.
Pero nesta etapa do ano, falar de praia non está fóra de lugar.

E porque sei que vostede tamén ten os seus RECUNCHOS PREFERIDOS, quixen compartir este gozo con vostede coa intención de sumar o meu gozo ó seu, porque os gozos compartidos, multiplícanse e deso se trata.

¡MULTIPLIQUEMOS GOZOS!

¡MOITAS GRAZAS ÁS PERSOAS QUE SABEN COMPARTIR GOZOS
E RECUNCHOS!

PORQUE OS RECUNCHOS SON LUGARES DE ENCANTO...

¡DISFRUTEMOS DOS “RECUNCHOS”!

¡SON UNHA AUTÉNTICA GOZADA!


Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aquí o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES