Declaracións
Editorial - miércoles, 31 de julio de 2013
Anda por Internet a última das declaracións de Bárcenas: ducias de folios de preguntas e respostas nas que se son verdade- o Xuiz e o inculpado dialogan sobre as materias en litixio, anteriores declaracións, e todo tipo de aclaracións sobre as relacións económicas deste responsable económico que parece demostrar ser un irresponsable político.
Exemplos coma este deben servir aos partidos para escoller con lupa aos responsables das súas finanzas para que sexan escrupulosos nos seus comportamentos, ou alomenos responsables en canto á vertente exterior da súa actividade.
Ninguén coida ou cre que os comportamentos das institucións que xogan en política, coma as que xogan na economía ou no mundo empresarial e laboral son sempre totalmente correctos, limpos, sen mácula. Máis ben a tendencia popular é a crer todo o contrario, polo que calquera noticia que aparece ten unha inicial acollida de comprensión e satisfacción porque se vaia sabendo algo do que acontece, aínda que logo poida resultar non sexa verdade.
O comportamento, privado e público, de moita xente, foi a que estropeou a relación entre os partidos e os votantes, non sendo culpa de estes últimos que boten a voar a máquina de pensar xa que nun terreo no que non hai cancelas as realidades que chegan a contemplarse son máis desmesuradas que calquera elucubración.
En canto a Bárcenas, se esas declaracións non son verdade, alguén debera encargarse de desmentilas. Se son verdade, eso quere dicir que son filtración interesada dalgunha das partes, e eso alguén tamén podería (debería) dicir algo para demostrar que o proceso non se contamina cunha saída ao exterior. Como fose, como sexa, o tema é ben problemático, duro, punzante e vergoñento.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora