Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sextina de amor

Piñeiro González, Vicente - miércoles, 31 de julio de 2013
A ti, que no paso dos anos aínda traes
lembranzas de amor en volume considerable.

Eu namoreime un día dun poeta
que me escribía versos, un montón.
Eran os seus tesouros, eran de ouro
e eu me namorei daqueles versos,
e mos agasallou, eran de amor.

Eran xoias, tesouros da súa vida.
Da vida do poeta, da súa vida,
de aventuras e amores do poeta.
Os quixen para min, eran de amor,
eran moitos tesouros, un montón,
mil tesouros, imaxes, eran versos.
Pero el pasaba fame e tiña ouro.

Estaba namorada eu daquel ouro,
daquel home poeta, da súa vida,
daquilo que dicían os seus versos,
do que amou na súa vida o poeta,
das dores de cabeza, un montón.
A poesía era eu, eu era amor.

No a puido vender, era de amor,
tampouco agasallala, era de ouro,
palabras á súa musa, un montón,
a aquilo que el amaba na súa vida,
primeiro era a familia do poeta,
e cantábao todo nos seus versos.

E eu estaba alí pintada en versos,
os versos eran eu, eran de amor.
Alí estaba a musa daquel poeta,
alí estaba a súa mente, era de ouro,
alí estaba a historia da súa vida,
as borracheiras todas, un montón.

Amores e ansiedades, un montón.
Nunca viviu o poeta dos seus versos,
eles eran a historia da súa vida,
tesouros dunha vida e dun amor.
O tesouro era eu, eu era de ouro,
e nunca me esqueceu o meu poeta.

Escribiu un montón aquel poeta,
un tesouro de versos, todo amor,
e ese foi todo o ouro da súa vida.
Piñeiro González, Vicente
Piñeiro González, Vicente


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES