Loito
Editorial - martes, 30 de julio de 2013
Na vida civil, o loito foi relegado pola modernidade, polos costumes, pola velocidade da vida. E xa non se estila cando morre un ser querido que as mulleres se vistan de loito e os homes coloquen na manga unha franxa moura. Non se estila.
E cando se plantea a evidencia exterior dese loito, sempre hai alguén que indique que o loito verdadeiro está no corazón.
Galicia ten o seu corazón de loito, aínda que os galegos non vistamos de mouro. E non debera facer falla a declaración oficial da Xunta de Galicia deses sete días de loito para saber que Galicia está de loitos moitos días, que oficialmente chegan ata o mércores próximo, pero que no noso ánimo vai pesar durante moito tempo.
E queremos crer que son erros, ignorancia ou despiste, as festas que se celebran estes días, os fogos de artificio que estouran n ceo, os carruseles que dan voltas en lugares onde estaba prevista festa. Non é tempo para festa cando hai tanta xente que chora, cando a ferida chegou tan fonda e tan alevosa.
Estamos oficialmente de loito durante sete días, e as bandeiras locen a media asta, e os crespóns negros colgan dexas mesmas bandeiras e das nosas páxinas web. Pero imos seguir de loito durante moito tempo.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora