Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Funeral e acto civil

lunes, 29 de julio de 2013
Polos nosos mortos da traxedia do víspera do día de Galicia, cómpre que –ademáis do que os familiares queiran oficiar en cada caso- haxa un funeral relixioso colectivo, xeral, oficial se se quere, para evidenciar que todos os galegos están presentes, físicamente ou co corazón, nunha ceremonia na capital de Occidente na honra dos que viñeron render a última viaxe ás portas de Compostela.

E se ademais se organiza un acto civil, benvido sexa se a el se unen todas as forzas políticas a través dos seus representantes, para dicir o mesmo que no anterior pero noutra dimensión diferente que non ten porque coincidir se non se quere, aínda que a intención veña ser a mesma.

Teñamos funeral e acto civil, que todo será pouco para render homenaxe a uns mortos que sempre estarán na nosa memoria colectiva para lembrarnos que a maior festa pode ser truncada pola maior traxedia. Pero tamén que detrás de cada traxedia pode haber grandeza, e agarimo, e solidariedade, para conseguir que dalgún xeito -só dalgún xeito- sallamos do horror máis unidos, máis fortes, máis humanos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES