Non hai miragres
Editorial - lunes, 05 de septiembre de 2005
Nos cambios políticos prométese case todo e agárdase case todo. O feito ata aquel momento non vale de nada e o porvir é da cor máis azul que un poida pensar, xa que tódalas aspiracións se van cumprir, tódalas necesidades se van cubrir, tódolos problemas van ter solución.
E logo, as novas autoridades descubren que o presuposto ven ser o que os nosos maiores chamaban "fabas contadas", que a normativa marca unha liña a seguir, que as necesidades son as que hai e as solucións son as que se van podendo conseguir según as circunstancias.
O Vicepresidente Quintana anuncia unha paga de seiscentos euros ó mes para mulleres maltratadas e véñenlle dicir que eso xa estaba previsto. Sexa como fose, modesta aportación é, aínda que notable, para un problema laceirante que os poderes públicos teñen que atallar como sexa, e apoiar ás afectadas do xeito máis directo e firme.
Agora o Presidente Zapatero anuncia que as pensións mínimas subirán o doble das pensións medias. Eso quere dicir que se as medias soben un dous por cento, as mínimas subirán un catro; se as medias un tres, as mínimas un seis... Un seis por cento foi a subida do pasado ano.
Un seis por cento nunha pensión de seiscentos euros (que as hai ben máis pequenas), supón unha subida de 36 euros -seis mil pesetas- ó mes, nunca despreciable pero sempre ínfima, case insultante. E sen embargo é un gran paso para a economía mísera de tres millóns de pensionistas.
Non hai miragres en economía, se esceptuamos os de Alemania e Xapón nos que as economías medraron e medran con pasos de xigante a saber gracias a que esforzos individuais e colectivos e a saber a costa de quen.
Pero no noso mundo, no que as contas públicas se nutren co que pagamos e se minoran co que cobramos, os gobernantes -humanos coma nós- non poden facer outra cousa que administrar, seguir os mesmos pasos, orientarse polas mesmas rutas... só cambian os criteiros. E os talantes.
Con talantes non se come, pero poden incidir na ilusión, que tamén é moi importante.
Non hai miragres, pero mentras haxa ilusión iremos tirando.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora