Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Los Bardem: Una familia de Cine

martes, 25 de septiembre de 2001
Matilde Muñoz Sampedro (Madrid, 1900-1969), pertencente a unha familia de sólida tradición artística, comezou a traballar no teatro ós oito anos e foi primeira dama xove nas compañías de Rosario Pino e Carmen Díaz. No cine debutaría baixo a dirección de Juan de Orduña en “Tuvo la culpa Adam” (1944), comezando así unha carreira filmográfica de case oitenta películas. En 1918 casa con Rafael Bardem Solé (Barcelona, 1889-Madrid, 1972), ó que coñecera na compañía de Rosario Pino, e pasando ámbolos dous a forma-la súa propia compañía teatral. Rafael Bardem comezou a principios dos anos corenta a súa actividade cinematográfica con “Tierra y cielo” de E. Fernández Ardavin, exhibindo sempre unha solidez interpretativa caracterizada pola estricta sobriedade e, sobre todo, pola súa abraiante naturalidade, e predestinado a personaxes de respeto.

-Froito do matrimonio naceu unha verdadeira dinastía de cineastas: a actriz Pilar Bardem, nai dos actores Mónica e Javier; e o director Juan Antonio Bardem, proxenitor de María (escript), Juan (músico), Rafael (productor) e Miguel (director).

-Pilar Bardem (Sevilla, 1939). Modelo de alta costura durante a súa xuventude, desenvolveu durante moitos anos un extenso e eficiente –aínda que discreto- labor interpretativo no teatro, no cine e na televisión, e compoñendo, polo xeral, personaxes secundarios ou de carácter. A súa presencia sobre os escenarios deixou pegada, sen embargo, en obras como “Las arrecogidas del beatario de Santa María Egipcia” (J. Martín Recuerda), “La carroza del plomo candente” (F. Nieva) ou “Las galas del difunto” (R. del Valle Inclán), mentres interviña tamén en series televisivas de tanta resonancia como “Los gozos y las sombras”, “Ramón y Cajal”, “Brigada Central”, “Lorca, muerte de un poeta”, “La forja de un rebelde”, “El joven Picasso”… No cine, e a pesar da súa intervención en películas de certo alcance como “La Regenta”, de Gonzalo Suárez, ou “Soldados”, de Alfonso Ungría, nunca chamou especialmente a atención ata que realiza unha pequena pero enérxica aparición en “Todo por la pasta” de E. Urbizu, antes de interpreta-la muller amargada e fera do negro esperpento “Siete mil días juntos”, de Fernando Fernán Gómez e preludio á súa vez do traballo case de protagonista co que alcanzaría unánime recoñecemento de crítica e público “Nadie hablará mal de nosotras cuando hayamos muerto”, de A. Díaz Yanes, polo que obtería o premio Goya á mellor actriz de reparto. Outros títulos seus son: “Varietés”, “La primera entrega”, “Las edades de Lulú”, “Vacas”, “Entre rojas”, “Mirada líquida” e “Airbag”.
-
-Juan Antonio Bardem (Madrid, 1922). Durante a guerra civil estudiou na zona republicana (Madrid e Barcelona), e logo na nacional (San Sebastián e Sevilla), para, unha vez rematada a contenda, radicarse en Madrid. Alí estudia Enxeñeiría Agrónoma, ó tempo que traballa no Ministerio de Agricultura e aprendía cinematografía, ingresando na primeira promoción do IIEC no 1947, aínda que non logrará titularse por suspende-la práctica do final de carreira coa curtametraxe “Barajas, aeropuerto internacional”. O impacto causado polo descubrimento do neorrealismo italiano marcou o seu comezo na dirección. Nesta época dominada polo nacional-catolicismo foi un dos primeiros, xunto a Berlanga, en intentar abrir unha fenda no sistema estreitamente controlado polo franquismo. Xuntos dirixen “Esa pareja feliz”, e posteriormente Bardem colabora no guión de “Bienvenido Mister Marshall” e “Novio a la vista”. A primeira película da que é autor completo, “Cómicos” –en parte autobiográfica-, demostra unhas calidades corroboradas en “Muerte de un ciclista” e “Calle Mayor”, que lle deron recoñecemento internacional. A actividade de Bardem despregouse a outros campos: co-fundador de “Objetivo”, unha das primeiras revistas especializadas independientes, promoveu tamén as “Conversaciones de Salamanca” que reunían a todos aqueles interesados en transforma-lo cine español, e era presidente da productora Uninci cando produxo “Viridiana”. Estivo detido varias veces pola súa pertenza ó partido comunista pero, pese a iso, foi candidato electo no sindicato oficial. Entre a súa filmografía encontramos obras como “Felices Pascuas”, “La venganza”, “Sonatas”, “A las cinco de la tarde”, “Los inocentes”, “El poder del deseo”, “El puente” e “Siete días de enero”.
-
-Javier Bardem (Las Palmas, 1969). Iniciou a tradición familiar debutando nas táboas ós catro anos baixo a dirección de Fernando Fernán Gómez. Logo interpretaría divesos papeis episódicos de neno e adolescente, para despois de estudiar Arte Dramático iniciarse profesionalmente en series televisivas como “Brigada Central” ou “Segunda Enseñanza”, ó tempo que desenvolvía a súa afección ó “rugby”, á pintura e ó baile. A súa primeira presencia cinematográfica –secundaria pero relevante- chegou con “Las edades de Lulú”, de Bigas Luna, con quen repetiría –xa como protagonista- en “Jamón, jamón” e “Huevos de oro”, desenvolvendo a figura do típico macho hispano. Nunha liña semellante situábase a súa intervención en “El amante bilingüe”, de Vicente Aranda, para acada-la consagración en “El detective y la muerte”, de Gonzalo Suárez, e “Días contados”, de Uribe; títulos que lle valeron a Concha de Ouro á mellor interpretación de reparto pola segunda. Tan fulgurante carreira proseguiu co xiro que supón a súa brilante composición de comedia en “Boca a boca”, de Gómez Pereira, coa que obtería o Goya ó mellor actor do ano, e coa súa interpretación de protagonista en 'Éxtasis', de M. Barroso. Outros títulos da súa filmografía son: 'Amo tu cama rica', 'Tacones lejanos', 'Huídos', 'Carne trémula' e 'Perdita Durango'. Pero o momento cumbre da súa carreira foi o ser nominado ó Óscar como mellor actor pola súa interpretación no papel do escritor cubano Reynaldo Arenas en 'Antes que anochezca'.

-E a saga Bardem, unha familia de cine, segue a súa andaina.
Curiel, Manuel
Curiel, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES