Poesía urxente
Piñeiro González, Vicente - lunes, 29 de julio de 2013
A memoria dos mortos do accidente
de tren de Compostela.
Espantoume un ruído e atardecía
e achegueime correndo de pasada
e vin que había xente rebentada
e vin outra que andaba fuxidía.
E vin que había mortos pola vía
e vin sangue no chan estarricada
e vin vir unha nai desesperada.
Morreume o meu fillo, me dicía.
E uns políticos tiñan caras serias
e poucos achegáronse con bágoas
e a todos asomábanlles miserias.
E as festas do Apóstolo anunciaban,
ouvín tirar foguetes, cantos, lerias,
mentres outros aos seus mortos choraban.
Piñeiro González, Vicente
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora