Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O abuso político

lunes, 29 de julio de 2013
Soño coas corruptelas dos políticos e deixo que o vaivén dunha folla me leve por entre as conversacións ás agachadas que se realizan entre despachos e bares.

O paisano de a pé outea, intúe, pensa, pero disimula. Non é capaz de cambiar a historia. E déixase aconsellar por uns para defender a outros; xeralmente aos máis corruptos. Axiña lle ensinan que o trapicheo político é lei de vida.

Penso no aperto de mans á beira de gasolineiras e nas ventas de coches cos que foron agasallados, mentres nós, os pasmóns de a pé, lemos as novas e deixamos que a vida pase. É lei de vida.

Despois, somos heroes esbardallando nas cafeterías contra os que cometen os abusos, para, axiña, ó dar a volta, marchar correndo na procura dun político que nos resolva a papeleta da ineficacia, da nugalla e das ansias de ter o que non merecemos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES