Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coma os de Angrois!

viernes, 26 de julio de 2013
A maioría dos galegos non oíramos falar de Angrois ata a noitiña do pasado vintecatro de xullo cando pasou á historia humana de Galicia, á historia grande de Galicia, pola súa solidariedade, polo seu sacrificio, pola entrega das súas xentes.

Por un pobo pode pasar un Camiño Real, un Camiño a Compostela, ter á súa beira pezas monumentais, e ver pasar a historia á súa beira. Pero cando ese pobo se amosa tan vivo e tan sensible a todo o que a vida presenta, ese é o preciso momento en que o pobo se engrandece porque as súas xentes o fan grande, inconmensurable.

Angrois queda para a memoria colectiva de Galicia como un lugar onde vive xente que sabe sentir, que como unha sóa persoa se lanzou ás vías do tren para intentar salvar aos salvables, o salvable, sendo a única axuda posible ata que chegaron os medios humanos e técnicos dos que a sociedade se dota para casos de emerxencia.

Ata que eses medios chegaron só estiveron os de Angrois, como heroes, como as persoas que mellor souberon celebrar o día de Galicia, o día da Patria Galega...

A fatalidade quixo que o 24 de xullo fose o día tráxico de Angrois. A entrega das súas xentes fai que, desde agora, todos queiramos ser – xenerosos, entregados, valentes... - Coma os de Angrois!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES