Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ai, queridiña...!

sábado, 27 de julio de 2013
(Este artigo estaba previsto que fose publicado o pasado xoves, pero dado o luctuoso da xornada (e o carácter festivo do artigo), conviñemos coa autora o retraso en dous días para que aprecese publicado).


¡AI, QUERIDIÑA..!

Desde moi nena sempre oín dicir que unha nai é do máis sagrado que hai e que:

”NAI, SÓ HAI UNHA”.

Se esto mesmo o aplicamos á terra que viu nacer, vivir e morrer os nosos devanceiros por xeracións inmemoriables e que; por extensión, nos viu nacer a tódolos galegos de hoxe en día, e, onde necerán, vivirán e morrerán moitas máis persoas do noso sangue, da nosa cultura, da nosa lingua e da nosa idiosincrasia; podemos concluir dicindo que:

A TERRA NAI É SAGRADA

TODOS TEMOS UNHA TERRA NAI.

NO MEU CASO A MIÑA TERRA NAI É GALICIA:

-A terra que me viu nacer nunha aldeíña moi bonitiña, situada nun Paraíso entre Ríos que acaba de ser declarada RESERVA MUNDIAL DA BIOSFERA pola UNESCO.

-A terra que me viu medrar entre prados, ríos, montes, toxos e flores...

-A terra onde me realicei como nena, como adolescente, como xove (aínda que unha parte da miña xuventude compartina con Cataluña, a miña segunda terra nai).

-A terra onde tamén me realicei como adulta, como profesional, agora como xubilada, como estudiante, como voluntaria e sobre todo como PERSOA no sentido máis amplo da palabra.

-A terra onde vivo e que me dá vida e unha vida chea de xúbilo, gozosa en plenitude neste preciso momento da miña existencia.

-A terra onde quero vivir unha xeiriña máis, -se me deixan, claro- para compartir cos que me rodean o que fun aprendendo ó longo dos anos.

-A terra que me recolla cando remate a miña estancia nesta vida terrenal porque eu levo sangue galego nas miñas veas, son galega e síntome galega de pura cepa.

-A terra na que descansan o restos dos meus antepasados e na que descansarán os meus restos mortais por tempo sen fin.

A terra...

-¡A miña terra!

- ¡A miña terra nai!

¡A miña naiciña!

- ¡¡¡ QUERIDA GALICIA!!!

¡AI, QUERIDIÑA!

(Igual que digo, querida Galicia, digo tamén, queridas tódalas terras do planeta, incluída a súa, por suposto)

¡A NOSA QUERIDA TERRIÑA GALEGA!
¡ESA QUE PRODUCE TANTA “MORRIÑA” CANDO TE ENCONTRAS LONXE..!

¡A súa querida terra tamén (... )!

Pero nesta data tan especial (25 DE XULLO) quero uni-la miña voz á de tantas e tantas persoas galegas coma min que no día de hoxe celebramos o “DÍA DA PATRIA GALEGA.”

QUERO UNIRME A TODAS ESAS VOCES GALEGAS QUE, -DESDE DENTRO OU DESDE FÓRA DA TERRA- SENTIMOS COMO O CORAZÓN NOS LATE EN GALEGO, COMO O NOSO SER É GALEGO, CEN POR CEN GALEGO:

-Porque a alma galega é unha alma grande, moi grande...

-Porque a alma galega é unha alma noble, moi noble.

-Porque a alma galega é unha alma forte, moi forte...


-Porque a alma galega loita incansablemente e, por eso, CLAMA PARA QUE NON SEXAN ASOBALLADOS OS DEREITOS DE TANTAS E TANTAS PERSOAS GALEGAS QUE CON CONSTANCIA E TESÓN SABEN ESTAR Á ALTURA DAS CIRCUNSTANCIAS EN TODO MOMENTO, LUGAR E CIRCUNSTANCIA.

-E PORQUE A LINGA GALEGA DI MOITO, MOITÍSIMO.
+A lingua galega é o noso A.D.N.
+A lingua galega é o noso D.N.I.
+A nosa lingua identifícanos por onde queira que vaimos: ¡Tan dóce..! ¡Tan tenra..! ¡Tan suave..! ¡Tan fermosa! ¡Tan enxebre! ¡TAN GALEGA..! Non hai outra como ela.

Pero...
Perooo...
Pero, neste momento histórico Galicia ten unha poboación algo avellentada. Teño noticia que é unha das poboacións máis avellentadas de Europa.

Por unha banda é sinal de que envellecemos activamente e con boa calidade de vida. Algo moi loable. É un regalo celebrar como cumprimos anos disfrutando de todo o fantástico que ten a terra galega...

Pero seguramente que un dos seus importantes problemas é: “O DESCENSO DA NATALIDADE.”
O desequilibrio entre nacementos e defuncións, pesando máis estas últimas.

Por moi fermosa e rica que sexa unha terra, se non ten quen a cultive, máis tarde ou máis cedo veríase obrigada a quedar a barbeito...Cousa que en Galicia non o imos a permitir.

PORQUE GALICIA ESTÁ A PIQUES DE DESPERTAR E DESPERTARÁ A TEMPO, RENOVARÁ O SEU SANGUE E SAIRÁ ADIANTE COA CABEZA BEN ALTA.

Xa o dixo Pondal: “Os tempos son chegados”
Por eso cómpre que a xuventude galega tome cartas no asunto.
¡¡¡XUVENTUDE GALEGA!!!:

¡O FUTURO ESTÁ NAS VOSAS MANS E NAS DOS VOSOS FILLOS!

¡PERDEDE O MEDO!

¡CONFIADE EN VÓS MEMOS!

¡O FUTURO É VOSO!

Non estades sós: a poboación un tanto avellentada e tamén moi experimentada de Galicia está do voso lado. Podedes contar con ela; pero –por favor- COLLEDE O TIMÓN.

¡É O VOSO MOMENTO!

¡CONTAMOS CON VÓS!

¡GALICIA NECESITA SANGUE NOVIÑO!

En canto Galicia renove o seu sangue, en canto a xente xove abunde na súa paisaxe; Galicia tomará outro rumbo.

Destras do período de vacas fracas, virá o das vacas gordas e para daquela, Galica dará os froitos polos que estamos loitando neste momento.

Para eso CONTAMOS COA XENTE XOVE.
Xente xove en idade cronolóxica, pero tamén “XENTE XOVE DE ESPÍRITO” disposta a aportar a súa experiencia, a súa sabedoría e o seu bo facer para colaborar na construcción dunha Galicia mellor para todos.

Se Galicia mellora, QUE MELLORARÁ SEN LUGAR A DÚBIDAS, é ben seguro que tamén mellora o mundo porque dun xeito ou doutro todos somos cidadáns do mesmo planeta Terra.
Todos estamos inter-relacionados.

Todos xuntos conseguiremos un futuro prometedor para a nosa terra, como non pode ser doutra maneira.

O espírito galego sempre resisitiu e seguirá resistindo ata acadar a Galicia que queremos para todos:
UNHA GALICIA PRÓSPERA NA QUE SE VIVA EN PAZ E HARMMONÍA neste país tan fermoso chamado: “O xardín de España”.

Hai quen di que aquí estivo situado o Paraíso Terrenal.
Non sei o que hai de certo nesto.
O que si sei é que: GALICIA É UN PARAÍSO.
Eso ninguén o pon en dúbida.

Se vostede, que está lendo estas reflexións miñas, é unha desas persoas galega ou doutro lugar, pero de espírito xove e emprendedor e con moita capacidade para dar ese pulo que precisa a TERRA GALEGA, está convidado/a para unir as súas forzas ás de tódolas persoas galegas que desexamos o mellor para Galicia e para o mundo enteiro.

Por eso me uno a vostede para dicir:
¡VIVA GALICIA!
¡VIVA A PATRIA GALEGA!

Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aquí o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES