Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Imponderables

viernes, 02 de septiembre de 2005
Unha campaña en Italia que pretende arrecadar fondos para a conservación do patrimonio histórico-artístico utiliza a imaxe do "David" de Miguel Angel sen unha perna, ou da "Última Cea" de Da Vinci sen a figura de Xesucristo, para así chamar a atención sobre a necesidade de previr antes ca lamentar calquera dano irreparable.

A prevención parece que é o que máis fallou en Usa, o país máis avanzado da terra e non co patrimonio artístico senón coa xeneralidade dos factores que inciden no desenvolvemento da vida normal.

Un país que é capaz de mobilizar forzas descomunais para librar unha guerra a miles de kilómetros de distancia, evidénciase inerme diante dunha tormenta tropical das que reciben varias cada ano.

Katrina foi algo descomunal pero previsible, no que as forzas da natureza se desatan de tal maneira que pode borrar do mapa unha populosa cidade carente dos máis mínimos sistemas de protección a pesar de estar por debaixo do nivel do mar inmediato.

Dise que o sistema de defensas da cidade estaba baixo mínimos porque os fondos que terían que ir para elas foron destinados á guerra de Iraq. O certo é que o país máis poderoso do mundo ofrece a todo ese mundo unha imaxe tercermundista de aillamento, de falta de defensas, de anarquía, de carencia de medios, á altura do máis mísero país africano ou da máis depauperada nación da sufrida Sudamérica.

As traxedias son imprevisibles. Pero cando así ocorre non podemos evitar pensar en se algo así sería posible en Galicia, e -no caso dunha traxedia- se seriamos capaces de responder axeitadamente.

Estas tormentas tropicais anúncianse con días de antelación, e a súa traxectoria é coñecida con bastante aproximación. Pero non é que os poderes públicos norteamericanos non previsen con antelación abonda a chegada do tifón, senón que tampouco reaccionaron cando a traxedia se consumou.

Vendo o desastre cabe supor que se se puxese tanto interese -e medios- en Nova Orleans como en Iraq a traxedia non sería tal.

Para o resto do mundo -para nós- é todo un exemplo do que non debe suceder, e de que os medios que se apliquen á prevención, á detección de imponderables e preparación para as continxencias son os mellor empregados, e os máis rendibles.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES