Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As estacións da vida

viernes, 26 de julio de 2013
Cubertos coas toallas que alguén descoñecido lles entregara para aguantar o frío da noite que se achegaba pola raia do horizonte.

Os dous abrazados tentando calmar aquela dor que quería brincar os valados do seu abatido espírito. Coas cabezas abaixadas, ollando nos ronseis do chan un sinal, algo que explicase o porqué da desgraza que lles viña de acaecer. Mais non acharon respostas. E seguían desesperados buscando e non encontrando. De cando en vez, izaban a cabeza e fitaban para aquel espectáculo da desfeita en que se convertera o tren da vida, que se detivera de súpeto, co brutal impacto do inesperado, e fora deixando lastrados sobre a vía do tempo cadaleitos de emocións antes traumatizadas.

E por que a eles, pensaron apertando con maior intensidade os seus corpos entre si. Por que racharan de sotaque as follas do seu camiño de retorno. Por que aquel día, véspera de festa nacional. E non deron entendido nada, nin sequera porque non eran eles os que estaban alfombrando os raís da existencia cos seus corpos ensanguentados.

Nun último suspiro miráronse e arreo as bágoas comezaron a manar dos seus ollos nunha mestura desbordante de tristeza polos xa ausentes e ledicia por sentirse aínda vivos.

Namentres, noutros puntos da xeografía galega moreas de persoas inundaban rúas, hospitais, tanatorios co gallo de entregar anacos ilimitados do seu altruísmo a favor daqueles que pelexaban por seguir circulando no tren da vida ou para consolar aos que perderan ramallos da súa árbore existencial aquel solpor tráxico de xullo.
Maseda Lozano, Martiño
Maseda Lozano, Martiño


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES