Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Privatizar o Sol

viernes, 26 de julio de 2013
Desde o Preguntoiro

O Goberno ten pensado que o auto consumo enerxético de paneis solares das casas privadas do pobo teñan penalidade crematística, ou sexa, vai reservar o dereito de subir ou alterar o sistema eléctrico neste país. Imos pagar unha peaxe pola enerxía recibida do Sol.

Parece ser que este goberno trata de privatizar o Sol. Estes desalmados intentan medidas recadatorias para que as compañías eléctricas sigan estafando ao pobo. ¿Que máis pode pasar neste país ao mando destes neocóns que nos gobernan?. ¿Estamos ante un pobo amoureado?. Tratan de abafarnos entre a bosta e tómannos como farrapos ante tanta corrupción e leis antisociais e agora queren que o Sol non sexa gratis, ¡manda carallo na habana!. Quérennos acortellar como coellos no monte e nós a dicir que o mexo que nos votan é choiva.

¿Decataranse dunha “puñetera” vez por todas estes escachapiollos xerifaltes, que o Sol nin se merca nin se vende?.

O Sol ven sendo un ben común, que danos a vida a tódolos seres vivos, non soamente a aqueles que están no consello de administración das grandes eléctricas como Aznar e Felipe Gonzalez.

Victor Hugo hai moitos anos dicía: “ entre un gobierno que lo hace mal y un pueblo que lo consiente, hay una cierta complicidad vergonzosa”. Isto é máis ou menos o que está acontecendo, unha vergonza, somos cómplices dos que tanto criticamos; algúns fan as críticas berrando como tolos cando non atopan ao seu carón a ninguén deses gobernantes, logo cando os ven de cara ou en procesións relixiosas, pásanlle a man polo lombo botando pola esterqueira a súa dignidade como ser humano.

Outrora fomos gobernados por un ditador, ao que nada podías dicir porque ías ao paredón ou o cárcere, agora estamos gobernados por carneiráns e pequenos ditadores, que nin sequera dimiten por corruptos e apodrecidos. Estes non te levan ao paredón, pero vante matando pouco a pouco a base de empobrecer ao país e eles enchendo o bandullo. O máis triste de todo isto é que hai xente que pensan que o están facendo ben. ¡Mágoa de nós!.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES