Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Triste Día de Galicia

jueves, 25 de julio de 2013
Acompañamos na súa dor a todos os que sofren a perda dun ser querido, nuns momentos que agradábamos de lecer e de ledicia para todos os galegos.

Galicia dóese desta fonda e cruel ferida sufrida moi preto da cidade do Apóstolo, que trae loito e dor para un sen fin de persoas e conmove fonda e dorosamente a toda a Comunidade que vive un triste “Día de Galicia”.

Que os partidos suspendan as celebracións deste especial día, que se suspendan as festas maiores de Galicia, que a Xunta decrete sete días de loito é un sinal de condolencia, de sensibilidade social que a todos nos conmove. Que funcionen como un perfecto reloxio os mecanismos galegos que teñen plena vixencia nestes momentos é das poucas cousas que se poden facer nos primeiros momentos dunha traxedia.

Aos que sofren a perda dun ser querido, a nosa condolencia. A toda Galicia, o desexo de que momentos coma este non volvan repetirse.

www.galiciadigital.com
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania