Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eu não quero voltar sozinho

miércoles, 24 de julio de 2013
“Eu não quero voltar sozinho” é unha curta que o brasileiro Daniel Ribeiro dirixe no ano 2010. Conta a historia de Leo, un adolescente cego, a súa amiga Giovanna e Gabriel, que chega como unha novidade á vida de ambos e acaba ficando nela.

Daniel Ribeiro consegue unir no sempre inclusivo mundo das emocións a dous colectivos que a sociedade tende a marxinar. Ao longo da película perfílase a idea de que unha vida plena é posible sempre que se loite por ela dende a propia identidade; así mesmo, tamén se transmite a idea de que a felicidade é cousa das persoas valentes, que se atreven a dicir aínda no risco de fracasar e ficar espidas.

Ao final a vida é tan só atreverse a coñecer e a vivir o que pasa por diante de nós, ofrecéndonos unha posibilidade de ser distintos. Cando nos atrevemos a penetrar no descoñecido nacemos en mundos paralelos ao noso, que xamais son incompatibles con aquilo que aprendemos por tradición, e se o son, quizais constitúan un xeito de cuestionarnos a nós mesmos para chegar ao fondo do que realmente somos.

Aventurarse ao descoñecido é a mellor maneira de tomar a vida que nos pertence, facendo dela unha ponte de encontro coas mans abertas que nos convidan a medrar en comunidade e liberdade. Os protagonistas sábense habitantes dun tempo feliz que os leva a crear espazos de aprendizaxe colectiva nas peripecias vitais do día a día.

Disque isto só é un avance, e que no 2014 sairá a película. Non sei se é boa idea converter unha curta nunha longametraxe. O que si sei é que convén naturalizar as minorías na sociedade. E a mellor maneira de naturalizar é contar historias que removan conciencias. Esta faino, movéndose ademais entre dúas minorías que veñen loitando dende moitas alturas por un mundo máis xusto.

“Não quero voltar sozinho” tamén ten que servir para facer unha aposta pola unión entre as minorías, digamos agora: “não quero lutar sozinho”. Digámolo ben alto, como un clamor pola forza interdependente que garda no seu seo os azos dun mundo normalizador, acolledor e sobre todo libre, radicalmente libre.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania