Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

José Blanco

lunes, 22 de julio de 2013
Ao final, non hai imputación. Co agusto que estabamos todos condenando a Blanco ao ostracismo en virtude dun xuizo popular do tribunal que se reúne tódolos días para tratar temas do divino e do humano, baseándonos no que se publica. E cando un político sale implicado, posiblemente implicado, nun tema problemático, ai del!, que non hai quen o salve.

José Blanco leva atravesado un deserto longo e difícil, renunciado a proseguir unha carreira política que parecía tiña doada, obrigado a refuxiarse do temporal que sobre el se abateu porque viaxou no seu coche oficial levando con el a Dorribo, o mesmo ao que lle bailaban a auga as primeiras autoridades habidas e por haber e os lucenses tíñano por exemplo de empresario feito a si mesmo, arrollador máis ca triunfador, coméndose o difícil mundo dos negocios, rematando por non deiixar títere con cabeza.

Blanco queda exonerado de culpa. Pero, ¿Quen o resarce do tempo perdido? ¿Quen lle devolve todo o creto que se lle negou? ¿Quen consegue que unha resolución xudicial quede por riba dun xuizo popular que tivo moito tempo para remoer unha situación problemática?. Ninguén o resarcirá, é imposible.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania