Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pagando en pesetas

viernes, 19 de julio de 2013
Cando co século entramos na Europa monetaria, deixamos de manexar pesetas e pasámonos ao Euro, desapareceron os establecemos con nome “Todo a cien”, e conseguimos o milagro de que o custaba cen pesetas o redondeásemos a un euro, sen darnos conta de que subían algúns precios o sesenta e seis por cento.

Os que xa tiñamos unha idade, para adiantar, demos en saber que seis euros viñan ser –máis ou menos mil pesetas- e seiscentos euros cen mil. E así empezamos a camiñar por este mundo da moeda única no que os máis novos circulan a toda velocidade xa que nunca tiveron a peseta como referencia.

E se ben os que coleccionamos todo o coleccionable aínda atopamos de cando algunha moeda ou billete que xa case carece de valor pola velocidade evolutiva dos precios, a peseta xa é historia que ao lembrala evidenciamos que o noso tempo tivo mellores momentos nos que o Banco de España podía imprimir a maior velocidade para dar fluidez aos nosos desvelos económicos.

Pois para os que conserven algunhas daquelas vellas pesetas e queiran desprenderse delas para evitar nostalxias, a Asociación de Hostelería de Lugo ven de dispor que se poidan pagar con pesetas as tapas do noveno concurso que estes días se celebra en Lugo, garantindo atención ao certame xa de por si interesante e atractivo.

Eu que son de tapas, e cada vez máis tal como en Lugo se está poñendo este maravilloso mundo gastronómico, pagarei en euros que xa non me quedan pesetas que gastar, pero calcularei canto gasto en pesetas para comprobar que se cando comecei a miña vida laboral un viño con tapa debía andar por unha peseta, agora o viño con tapa especial non baixará das cincocentas (tres euros), que daquela era un capital. Se cos precios de hoxe a peseta xa non valería como unidade de conta, a ver canto nos dura o euro.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania