Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xubilación: Como e non cando

viernes, 19 de julio de 2013
Que a xubilación vai ser máis tarde, todos o temos asumido. Pero o que a todos interesa saber é como será esa xubilación, e canto se vai recortar no futuro en relación coa situación actual de bases de cotización e establecemento da pensión.

O problema non é a xubilación aos sesenta e cinco anos, que outros paises do noso contorno disfrutan do retiro máis cedo, senón das licencias que neste terreo se tomaron institucións oficiais ou privadas, xubilando traballadores aos sesenta e aínda aos cincuenta anos de idade. O problema está en que despois deses amaños que desequilibraron a situación, agora haxa que retrasar a idade de xubilación para facer sostible o sistema de pensións.

A preocupación está na rúa, e dun xeito moi arraigado, considerándose os de xubilación recente e actual como verdadeiros beneficiados dunha situación que non se sabe como vai evolucionar nos próximos anos, teméndose que as pensións sufran unha merma moi importante.

Así que o cando non importa demasiado, que os sesenta e cinco anos de agora non teñen nada que ver cos de cando se estableceu esa barreira, e a prolongación da esperanza de vida permite ampliar ese tope tal como esixe Bruselas e como a lóxica parece establecer. Importa o como, como van ser as pensións, se os xubilados van poder seguir vivindo desafogadamente ou alomenos sen privacións. E por moito que nos conten que esto está resolto non o imos crer ata que o vexamos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania