Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En medio, Vázquez Taín

jueves, 01 de septiembre de 2005
Houbo un xuiz galego en Vilagarcía que se caracterizou pola loita decidida en contra do narcotráfico, precisamente no centro neurálxico deste problema. O Xuiz Vázquez Taín acadou en poucos anos unha merecida sona entre os galegos polo seu traballo e polo seu talante.

E como queira que Vilagarcía non tiña xulgados á medida de Vázquez Taín, cando este ascendeu na carreira xudicial, estaba abocado a ser destinado a Catalunya, lonxe do que mellor coñece e polo que leva loitando moito tempo.

Daquela, o Psoe criticou ó PP non ter previsto o problema e creado un xulgado á medida en Vilagarcía para que a loita contra a lacra da droga non se interrumpira.

Non tendo mellor solución, ou querendo aproveitar debidamente as potencialidades do Xuiz, o goberno do PP nomeou a Vázquez Taín director do Centro de Estudios Xudiciais, onde podía desenvolver un labor de organización e formación a prol da xusticia de Galicia.

Pero os cambios chegan a tódolos lugares, e no caso do Centro de Estudios Xudiciais no primeiro momento.

O Xuiz Vázquez Taín foi cesado neste cargo e, a resultas deste cese, ven de tomar posesión da súa praza en Mataró. Sen embargo, parece ser que dentro do Psoe non se desbota aínda a idea de nomealo para algún cargo relacionado coa súa traxectoria e funcións, tendo en conta os servicios prestados e as posibilidades futuras.

Así que, en medio, Vázquez Taín. En medio dos políticos; en medio dos cambios; en medio de ningunha parte no mundo da política. En Mataró, como xuiz.

O sentido común aboga pola profesionalización e funcionarización dos cargos públicos ata un nivel determinado, de xeito que cando haxa un cambio político non se produzca unha hecatombe administrativa.

Non todo neste mundo se rexe pola política. Ou non todo debe ser presidido pola política, que é cambiante, que é efímera, que é necesaria pero para algunhas cousas é mellor deixala a distancia.

Agora que comeza setembro, todo debe volver á normalidade. A Administración debe asentarse o máis axiña posible, e funcionar de novo. Que volva Vázquez Taín pode ser un síntoma de normalidade. Aínda que o seu cese ben puido ser un pouco máis meditado.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES