Capitán Pescanova
Editorial - lunes, 15 de julio de 2013
Mira que levamos anos devorando a publicidade do Capitán Pescanova nas súas aventuras arredor do mundo, convencidos de que era a mellor demostración da universalidade de Galicia, e do vencello desta terra co mar e os seus produtos.
E de repente, a desilusión, e o capitán foise co vento. Non só existen problemas moi graves, posiblemente derivados da crise infinita que sufrimos, senón que a crise empresarial ven de moito antes, levando alomenos dez anos facendo xeroglíficos financeiros para manterse a flote.
Para os non avisados, a crise de Pescanova foi unha sorpresa desagradable, inesperada, que racha coa crenza de que xa que somos mar nada que teña que ver co mar e con Galicia pode ir mal.
Pero parece que tamén foi unha sorpresa para os avisados e para as autoridades e institucións que controlan o mundo empresarial, que se encontran agora cunha situación incomprensible que non souberon detectar a tempo e menos controlar.
Perde Pescanova e perde Galicia. E perdemos máis aínda- confianza nos órganos de control das finanzas deste país.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora