Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No Hula

lunes, 15 de julio de 2013
Un atranco na saúde fixo que se producira un lapsus na habitual e periódica presenza do cronista nestas páxinas. A unha hora do hospital capitalino, e coa urxencia requerida, fumos acollidos na súa prestixosa unidade de ciruxía vascular, coa exqusita atención e o delicado trato humano dos que fan gala dende o mais significado dos doutores ó mais modesto subalterno. A malfadada circunstancia ofreceunos a oportunidade de coñecer mais de preto as modélicas instalacións, servizos e atencións que honran as dotacións e infraestructuras sanitarias da nosa terra.

Ubicadas éstas en plena natureza, en paraxe idílico; afastadas de masificacións constructivas; de accesos directos e expeditos, nun entorno que ofrece o marco idóneo, de paz e tranquilidade para a recuperación física e anímica do doente. No interior, os amplos corredoiros e dependenzas vense inundados pola luz e o sol vivificador que traspasan as grandes vidreiras nun hábitat luminoso e unha visión optimista..

Nesas condicións, a sensación de liberdade que experimenta o internado axúda a soportar a inevitable e nunca desexada estancia hospitalaria, onde as dores físicas e o baixón anímico van parellos e tanto necesita a víctima de cantos recursos poidan incidir dulcificando as longas horas, e días, de permañenza no Centro, á busca da saúde perdida.

Un querido amigo que nos chamou durante a estadía no hospital contounos que alguen que vivía unha experiencia semellante
facía esta reflexión “ Resulta que eu era rico e nunca o soupen”.

O HULA veu a suceder, con tódolos honores, á vetusta Residencia da S,S, que, trala longa travesía de moitos anos, rematou o ciclo vital cando xa, vella, depauperada e con graves deficiencias pedía a berros o recambio que se fixo, como decimos con novas e modélicas instalacións mesmo cunha discreta ollada a posibilidade de que nun futuro mais ou menos próximo se necesitase maior espacio para atender de xeito óptimo o posible incremento da demanda, feito nada extrano nunha sociedade envellecida como é a nosa. Elemental previsión que non sempre se fai o que conduce a que moitas veces magníficas instalacións novas de contado quedan obsoletas ou incapacitadas, ó non admitir mais alá da súa capacidade inicial, xa esgotada.

(Esta mensaxe, publicada en Galicia Digital, vai especialmente para tantos amigos e amigas que, con interese e agarimo, seguiron de preto a evolución da nosa doenza. Graciñas).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES