Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Francisco, un pastor libre e valente

lunes, 15 de julio de 2013
Apenas pasa un día no que o papa Francisco non diga, faga ou teña algún xesto que chame a atención. Din os que o coñecen de antes, cando era arcebispo de Buenos Aires, que é verdade: que non engana, que non o fai para a galería nin por esnobismo.

Creo que Francisco é o papa que precisamos neste momento na Igrexa. Se fai uns anos o relativismo ideolóxico e moral había que atallalo, porque se nos metera na mesma Igrexa, a Providencia mandounos a Benedicto XVI, o papa teólogo, que, no seu breve pero intenso pontificado, nos deixou un amplo elenco de ideas e pautas como guía para peregrinos que camiñan por vieiros incertos e descoñecidos. Aquel que honestamente busque a verdade ou necesite un criterio inequívoco no ámbito da fe, aí está o seu maxisterio sinxelo, esencial e seguro.

Agora estamos no tempo do papa Francisco. É outro estilo: espontáneo, vivo, directo... Máis aínda: incide con valentía (“coraggio”, é a súa palabra preferida) en temas moi concretos da vida da Igrexa e da sociedade actual. Por exemplo cando expresa o seu desexo “dunha Igrexa pobre para os pobres”, ou nos di aos sacerdotes que non sexamos “intermediarios” senón “mediadores” e “pastores con olor a ovella”, ou mesmo insiste que non sexamos “cristiáns de salón” senón “testemuñas”, que a Igrexa non pode ser “autoreferencial” senón que ten que saír ás “periferias existenciais” da xente que sofre… Ou cando na súa primeira viaxe pastoral fóra de Roma, concretamente á illa de Lampedusa, porto inseguro de inmigrantes africanos que chegan (... os que chegan) nas súas pateras escapando da miseria, dixo: “A cultura do benestar, que nos leva a pensar en nós mesmos, fainos insensibles ao grito dos outros”…

En fin, o que Francisco quere, e oxalá non lle poñamos atrancos, é unha Igrexa máis humilde, sinxela e evanxélica e, polo tanto, máis crible no mundo de hoxe.
Rodríguez Basanta, Antonio
Rodríguez Basanta, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES