Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O carballo centenario

lunes, 15 de julio de 2013
Cae a chispa sobre o carballo centenario e o silencio da pomba que pousaba nunha das súas gallas racha cun movemento frenético de ás.

O aire cheira a queimado e o trono alporiza o sentidos das ducias de belotas que caen. Chamuscadas. Queimadas.

Queda o ruído do estralo ó caer o carballo centenario e choran os grilos nas súas covas, nos seus buracos. Saben que nunca máis unha sombra tapará as súas portas durante un pequeno espazo de tempo.

Queda inerte o carballo centenario e axiña pasa a treboada con dirección ó noroeste. Tan só durou un suspiro, pero suficiente para derrubar ó carballo centenario, á inmensa mole da fraga dos recordos, do pasado.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania