Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os problemas máis graves

viernes, 12 de julio de 2013
Entre os problemas que nos aqueixan, hainos principales por inmediatos, e outros que non se perciben tanto pero son básicamente máis graves, e poden basearse neles os que nos acucian máis urxentemente no espazo e no tempo.

Entre os problemas inmediatos destaca de xeito ostensible o do paro, que medra de xeito alarmante na medida en que pechan centos de pequenas empresas que formaban parte importante do tecido vital do país. E este problema pode facer que pase a un segundo termo o envellecemento da nosa poboación, que en Galicia é un problema que ameaza con facernos desaparecer, extinguir, como pobo.

Son tres as comunidades autónomas españolas que presentan este problema dun xeito moi grave: Asturias, Castela-León e Galicia, que concentran o oitenta e cinco por cento da involución demográfica do Estado, teñen despoboadas grandes áreas da súa superficie e a poboación non deixa de envellecer.

Que esta baixada de poboación e conseguinte envellecemento sexa consecuencia da crise que nos envolve é posible, como posible é tamén que a crise teña especial virulencia pola actual distribución da poboación, con inmensas áreas rurais baleiras e concentración de poboación en cidades, vilas e pobos onde o paro se manifesta de xeito ostensible, non dispoñéndose dos mecanismos de producción para o autoconsumo cos que sempre contou a nosa zona rural.

As medidas de fomento poboacional non tiveron ata o momento ningún resultado favorable, e o número de habitantes autóctonos foise ata agora compensando con inmigración, que está desaparecendo – tamén pola crise- e nestes momentos é cando notamos o problema con toda a súa crudeza.

Plantéase a creación dun frente demográfico que englobe as tres autonomías mencionadas- Asturias, Castela-Leon e Galicia- e afronte conxuntamente un plan para tratar de solucionar o descenso demográfico e o envellecemento da poboación. Pero en acciones de fomento coma estas levamos décadas sen conseguir o menor resultado.

O tempo estase agotando para poder tomar medidas que palíen esta grave situación sen que sexamos totalmente conscientes da urxencia, sen dúbida porque outros problemas máis perentorios esixen solucións. Pero non esquezamos que, mirando ao futuro, non temos problema máis grave, e do seu axeitado plantexamento e solución depende a superación de todos os demais.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES